Actividades ajedrecísticas de Verán
O Concello de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración con Sogama , O Progreso, Telelugo, Fornos Fernando Valín, a Escola Luguesa de Xadrez e Confeccións Eute organizan un amplo programa de actividades para o verán.
Preténdese crear actividades alternativas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e este tipo de iniciativas son importantes para a aprendizaxe dos nenos e nenas xa que poden aprender a xogar ao xadrez con monitores ou facer uso da biblioteca itinerante e ler libros. E a o mesmo tempo, crear espazos de onde el neno poida realizar actividades de lecer educativo en familia.
Estas actividades teñen moito éxito e cada vez son máis os nenos e nenas que se achegan a participar nas actividades. Ademais teñen un interese familiar para que pais, nais e nenos poidan compartir diferentes momentos de lecer de unha maneira máis divertida.
VIAXE POLA HISTORIA DO XADREZ
Co obxectivo de achegar ao xadrez e a lectura a varios barrios da cidade leva a cabo o programa Viaxe pola historia do xadrez que xa vén desenvolvendo desde hai anos e conseguiu un gran éxito de participación.
O seu obxectivo é achegar aos cidadáns a lectura e o deporte do xadrez, desta forma promover a súa práctica a través de partidas e do ensino das súas técnicas. Esta actividade, gratuíta e que non require inscrición previa, ten lugar en dúas prazas da cidade, onde tamén haberá partidas de xadrez xigante e unha biblioteca itinerante.
CALENDARIO:
De luns a venres:
Do 1 ao 7 de Xullo na Praza Nova da Milagrosa – Agro do rolo de 19 a 21 horas.
Do 8 ao 14 de Xullo na Praza do Castiñeiro de 19 a 21 horas.
VERÁN LÚDICO
O programa de» Verán Lúdico» vaise a desenvolver na piscina exterior de Frigsa de luns a venres, en horario de 16:00 a 18:00 horas desde o 1 a o 15 de Xullo e del 16 de xullo até o 29 de Agosto o horario será de 16:30 a 19:30 horas. As actividades, destinadas aos usuarios da piscina, son gratuítas e comprenden unha biblioteca de verán, un punto ajedrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa como o parchís, ou o dominou.
Desta maneira, os bañistas gozan do préstamo gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitores especializados e de xogar partidas a xogos de mesa.
Non é necesaria a inscrición previa.
CALENDARIO:
De luns a venres:
Do 1 ao 15 de Xullo de 16:00 horas 18:00 horas.
Do 15 de Xullo ao 31 de Agosto de 16:30 horas a 19:30 horas.
III CAMPAMENTOS DE VERÁN 2015
Desde o 6 ao 11 de Xullo levará cabo o terceiro campamento de Verán, este campamento está dirixido a mozos e mozas de 4 a 12 anos.
Estes Campamentos levarán a cabo no CEIP ILLA VERDE , serán de luns a venres de nove a dous da tarde.
O obxectivo que se pretende con estes campamentos é facilitar a conciliación familiar e laborar dos lucenses e ao mesmo tempo, promocionar o xadrez entre os escolares lucenses.