Circular 6: CAMPAMENTO FIN DE CURSO 2012

Documentación

Pola presente, a Asociación Cultural Xaquedrum ten o pracer de comunicarlles un ano máis, a organización do Campamento Fin de Curso.

Datas: do 15 ao 17 de xuño.

Lugar: Albergue Xuvenil de Gandarío. Sada-Coruña

Director de campamento: Pablo Castro Girona

INSCRIPCIÓN:

Documentación a presentar: Formulario de inscripción debidamente cuberto e coa autorización paternal, Anexo I Anexo II, permiso fotos, certificado de nadar, o pago bancario e a fotocopia da tarxeta sanitaria.

Prazo de inscrición: O prazo de inscrición dura ata o 3 de xuño, no devandito prazo, os interesados deberán presentar o formulario e presentar o justificante do pago. Todo aquel que non o presente no prazo quedará na lista de espera (ocupará unha praza de haber algunha baixa)

Número de prazas: 40 prazas, que se cubrirán por estrita orde de petición.

Custo total: O custo deste campamento será de 60 euros. Hai axudas para as familias con medios reducidos sendo nestes casos a matrícula de 30 euros. Como o pago á  dirección do Albergue se ten que realizar 10 días antes, no caso de que algún rapaz non poida asistir, a entidade non devolverá os cartos agás que se cubra a praza con alumnos da lista de espera.

Advertencia: En caso de que algún dos participantes non presente toda a documentación ao rematar o prazo de inscripción, considérase que renuncia a sua reserva.

Forma de pago: O pago deberase facer na conta da Escola Luguesa

caixa galicia:

2080 0101 52 3000550685

ORGANIZACIÓN: Asociación Cultural Xaquedrum.

Escola Luguesa de Xadrez

COLABORAN: Concellería de Educación
Diario O Progreso
Dirección Xeral de Xuventude.
Telelugo
Confecciones Yute

OBXECTIVOS:

Con este campamento a Asociación quere lograr os seguintes obxectivos:

  • Clausurar o curso escolar e as actividades de xadrez.
  • Crear un espazo de convivencia.
  • Fomentar actividades lúdicas entre os/as afeccionados/as ao xadrez.

INFORMACIÓN:

Se desexa máis información sobre este campamento pode facelo da seguinte forma:

Teléfono: Carlos Freire: responsable de actividades 677731576 ou 657974937
Email: xaquedrum@gmail.com
Ou non local da asociación

ACTIVIDADES:

Queremos que este campamento sexa un espazo de convivencia e de peche de tempada, onde os mozos/as sobre todo convivan e se coñezan mellor. Para iso, queremos desenvolver as seguintes actividades:

Actividades deportivas (fútbol, voleibol, baloncesto…)
Actividades na praia.
Torneo de rápidas.
Xogos alternativos.

Máis información:

Documentación: http://xaquedrum.es/?page_id=934
Información:

http://xaquedrum.es/
https://www.facebook.com/pages/Xaquedrum/194937533874133
https://twitter.com/#!/Xaquedrum