Campamento fin de curso

Xaquedrum por motivo do fin de curso organizou un campamento fin de curso coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Concellería de Educación, Telelugo, El Progreso, Confecciones Yute e Sogama.


O Campamento levouse a cabo no Albergue de Gandarío da Dirección Xeral de Xuventude, o fin de semana do 15 ao 17 de xuño e participaron 29 membros da entidade.


Durante o campamento os participantes ademais de xogar ao ajedrez, fixéronse  actividades ao aire libre, practicouse o futbol e o voleibol praia…


O obxectivo principal neste tipo de actividades educativas é lograr unha maior convivencia entre os membros de Xaquedrum e facer actividades ao aire libre.