Xadrez subacuático

Piscina cuberta de frigsa ou sábado 8 de 12:00 a 13:00horas.


Con motivo á campaña E ti que fas? Eu xogo ao Xadrez a  Concellería de Educación, a Concellería de Deportes, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum, Confecciones Yute, o diario O Progreso, sogama e Telelugo organizaron esta mañá na piscina cuberta de frigsa unha exhibición de ajedrez subacuático.

Con esta actividade preténdese fomentar o ajedrez na cidade de Lugo e dar a coñecer a escola municipal de ajedrez.


A primeira partida que se disputou foi unha exhibición entre Pablo Castro o presidente da Asociación Cultural Xaquedrum e Xullo González Díaz recientemente Campión de España por equipos do Círculo das Artes.

Posteriormente, os xogadores e xogadoras da Escola Municipal de Ajedrez disputaron unha serie de partidas. Neste caso as partidas xogábanse en parellas. En total participaron 18 xogadores.

E débese destacar o grado de implicación dos mozos voluntarios da entidade que desinteresadamente estiveron dedicando dous días preparando a partida.

As actividades da campaña da próxima semana serán:

·Xaque na rúa: Que se celebra de luns a venres desde as 17 ás 20 horas no curuncho xadrecístico da praza maior. Que a semana pasada ha ter unha gran acollida tanto por xogadores tendo unha media de 55 xogadores diarios, como de espectadores.

·Xaque nas aulas: A Asociación Cultural Xaquedrum  levarán a cabo os días 13,14 e17 unha campaña de promoción no CEIP de Otero Pedrayo en Rábade. Nesta campaña ensinarase as normas básicas a todos alumnos de 2º,3º,4º,e 5º durante o horario escolar.

·II Torneo Internacional Sª Mª de Carranza: Participación no Torneo que se celebra en Carranza. A expedición da Escola Municipal estará formada por 6 xogadores.