18/oct/2012 Colegio Cervantes4

O grupo Xadrelia, Ecoembes, Sogama, Programa La juventud en Acción,  a Concellería de Educación, Xaquedrum, O Progreso, Telelugo, Confecciones Yute e Casa Paco organizou  ás 13:30 horas no Colexio Cervantes de Lugo un xadrez viviente elaborado con material de reciclado.

Nesta primeira experiencia participou  Luis Lamas presidente de la Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), Pablo Castro Presidente de Xaquedrum, Carlos Freire Coordinador de Actividades e Carlos Pombo Membro de Xadrelia e ademáis os profesores e alumnos do centro.

Disputaronse dúas partidas de xadrez viviente entre os alumnos de 2º e 3º, onde cada alumno fixo dunha peza de xadrez e desenvolveronse partidas históricas e ilustrativas.


Os peóns brancos

En total, participaron  122 alumnos nesta novedosa experiencia educativa.

O obxectivo desta actividade é promocionar nos centros escolares a importancia do reciclaxe a través de actividades lúdicas.

Ao mesmo tempo, entregouse a todos os escolares información sobre a campaña Separemos ben, reciclaremos mellor que se leva desenvolvendo sobre reciclaxe en diferentes concellos de Galicia.

Isla do Reciclaxe

Ademáis instalouse unha isla do reciclaxe onde os rapaces facían un pequeno concurso sobre onde depositar os residuos. Todos os participantes tiveron premios.


Luis Lamas e Pablo Castro cós responsables da isla do reciclaxe

Separemos ben, reciclaremos mellor

Los principais obxectivos da campaña é formar, informar e concienciar aos distintos colectivos sociais sobre a imperiosa necesidade de contar coa súa colaboración e implicación de face a propiciar a recuperación da maior cantidade posible de residuos.