BASES XERAIS DO CONCURSO BUSCAME NOME

1.- Participantes: Poderán participar neste concurso tódolos aqueles escolares do Concello de Lugo.

2.- Obras. Os/as creadores/as poderán presentar un máximo de tres nomes para a nova mascota da Asociación Cultural Xaquedrum. Os nomes deberán estar en galego ou polo menos, o prefixo ou o sufixo ser galego.

3.- Presentación.. Poderanse presentar dando a tarxeta a algúns dos monitores da entidade, ou remitindo un e-mail a xaquedrum@gmail.com. Deberase indicar os nomes para a mascota, o nome e apelidos do escolar, a data de nacemento, o teléfono e o colexio do escolar.

4.- Prazo de presentación. As obras presentaranse antes do domingo 7 de Abril do 2013.

5.- Fallo. O fallo e o sorteo farase público o día da presentación da mascota e publicarase na páxina www.xaquedrum.es.

Si o xurado toma a decisión de non seleccionar ningún dos nomes como ganador, os premios do primeiro clasificado/a sortearanse entre os participantes.

6.- Premios e sorteos. Haberá os seguintes premios:

1º Clasificado/a :Un xogo de reciclaxe de SOGAMA
Un balón de futbol de SOGAMA
Vale de 30 euros no “Faro de los tres mundos”

Sorteos por participar:

I Premio Infantil: Un balón de fútbol de Sogama
Vale de 20 euros non “Faro de los tres mundos”

I Premio Primaria: Un balón de fútbol de Sogama
Vale de 20 euros no “Faro de los tres mundos”

7.- Dereitos. A Asociación Cultural Xaquedrum se resérvase, os dereitos das obras premiadas.

8.- Todo o persoal participante. Polo feito de selo, aceptan integramente as presentes Bases, así como a resolución pola organización de calquera problema non recollido nestas.