Xóvenes xadrecístas achegou o xadrez os escolares do Colexio Público Otero Pedrayo.

A Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, o Concello de Rábade, Confecciones Yute, El Progreso, Sogama e Telelugo, levaron a iniciativa Xóvenes xadrecísticos ao Colegio Público Otero Pedrayo.

O GM Iván Salgado levou a cabo unha exhibición de partidas á cega contra Carlos Freire o coordinador de actividades da Asociación Cultural Xaquedrum, nesta actividade participaron os escolares de 3º, 4º, 5º e 6º os cales, ademais de ver a exhibición puideron participar propoñendo xogadas e ata xogando unha partida.

A experiencia foi moi interesante para os alumnos que tiveron a ocasión de poder compartir uns momentos cun dos mellores xogadores galegos.

Ao final do evento, Iván Salgado asinou autógrafos a todos os participantes na exhibición.

ENTRE OS MÁIS GRANDES

Nado en Ourense en 1991, Iván ten ás súas costas un extenso currículum que o sitúa entre os máis grandes no mundo do xadrez. Dende o ano 2001, no que foi proclamado Campión de España por Internet Sub-10 e Subcampión de España individual Sub-10, ata hoxe, logrou unha morea de títulos entre os que se poderían destacar o de Mestre Internacional (2007) e o de Gran Mestre (2008). Xa no 2012, conseguiu proclamarse Campión Iberoamericano en Quito, evento organizado pola Federación Iberoamericana de Xadrez, e este ano fíxose co título de Campión de España Universitario Individual e por Equipos.