Iván Salgado visita a Escola Municipal de Xadrez.

A Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración coa Concellería de Educación, a Dirección Xeral para a Xuventude e Voluntariado, Sogama, El Progreso, Telelugo, Confecciones Yute e Casa Paco organizaron a visita de Iván Salgado á Escola Municipal de Xadrez.

Desde as cinco e media da tarde ata as dez e media da noite, estivo facendo diferentes actividades cos alumnos da Escola.

Cos máis novos da entidade xogou dúas simultáneas onde participaron máis de 20 alumnos.

Posteriormente, participou nun torneo de rápidas cos xogadores federados da cidade, onde se proclamou campión, malia perder con David Carbaño un dos mozos xogadores da Escola Luguesa de Xadrez.

E a última actividade que levou a cabo foi unha conferencia magistral, onde falou sobre a disposición das pezas na defensa francesa.

Esta visita ha ter moi boa acolleita entre os afeccionados lucenses, entre todas as actividades participaron máis de cen alumnos.

Albúm de fotos da visita do GM Iván Salgado a Escola Municipal de Xadrez de Lugo, Un día maravilloso grazas o bon facer do GM Iván Salgado.  E grazas a colaboración dos voluntarios, pais, nais e rapaces. Dende Xaquedrum GRAZAS A TODOS e TODAS.

Iván SAlgado na Escola Municipal de Xadrez de Lugo.