Celebrarase no Centro Lug II na rúa Pintor Corredoira,4, 27002 – LUGO (LUGO)de Lugo o vindeiro 12 de maio pola tarde de 16.00 h. a 19:30 h.

Os interesados  en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario o monitor do colexio. É unha competición por equipos e debe formar parte dun equipo.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.

A inscripción poderase realizar ata o 8 de maio ás 16 horas, os que non se inscribiron neste prazo non poderán participar. Importante.

Na sala de xogo só poderán entrar os xogadores do torneo.

Neste torneo haberá catro categorías:

  • · Benxamín. 2004-2003. Permítese a participación de dous xogadores do 2005.
    · Alevín. 2002- 2001
    · Infantil. 2000 -1999
    · Cadete. 1998- 1997