Actividades educativas

Dentro do programa Xadrez para todas e todos a Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral e a Asociación Cultural Xaquedrum organizan:

VERÁN LÚDICO


Organizan: Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral e Asociación Cultural Xaquedrum

Colaboran: Sogama, El Progreso, Telelugo, Casa Paco e confeccións Yute

Datas: 2 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres.

Lugar: piscina descuberta de Frigsa.

Descrición: o programa de “Verán Lúdico” vaise desenvolver na piscina exterior de Frigsa de luns a venres, do 2 ao 12 de xullo, dende as 16:00 ás 18:30 horas e do 15 de xullo ao 31 de agosto, dende as 16:30 ás 20.00 horas. As actividades, destinadas ás persoas usuarias da piscina, son gratuítas, e comprenden unha biblioteca de verán, un punto xadrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa como o parchís ou o dominó. Ao mesmo tempo, instálase un xadrez xigante na piscina para que as e os máis pequenos poidan xogar cunhas pezas do seu tamaño.

Deste xeito, as e os bañistas gozan do empréstito gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitoras e monitores especializados e de xogar partidas a xogos de mesa.

Persoas destinatarias: as actividades van destinadas a todo o público. Teñen un carácter familiar onde as nais e os pais poden gozar coas súas fillas e fillos dende os catro anos.

Inscrición: non é necesaria unha inscrición previa, e a actividade é totalmente gratuíta.

Obxectivos: con esta actividade preténdense lograr os seguintes obxectivos:

  • Crear alternativas de ocio educativo.
  • Facilitar conciliación da vida familiar e laboral.
  • Facer promoción da lectura e do xadrez.
  • Potenciar actividades que se poidan desenvolver en familia.

Viaxe pola historia do xadrez


Organizan: Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral e Asociación Cultural Xaquedrum

Colaboran: Sogama, El Progreso, Telelugo, Casa Paco e confeccións Yute

Datas: do 2 ao 5 de xullo na praza da Milagrosa, e do 8 ao 12 de xullo na praza do Castiñeiro.

Horario: das 19 ás 21 horas.

Lugar: as prazas do Castiñeiro e da Milagrosa.

Descrición: a viaxe pola historia do xadrez é un programa que xa se vén desenvolvendo dende hai anos, e conseguiu un grande éxito de participación. O seu obxectivo é achegarlle á cidadanía o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de partidas e do ensino das súas técnicas. Esta actividade, gratuíta, non require inscrición previa. Tamén haberá partidas de xadrez xigante e unha biblioteca itinerante.

Persoas destinatarias: as actividades van destinadas a todo o público. Teñen unha carácter familiar onde as nais e os pais poden gozar coas súas fillas e fillos dende os catro anos.

Inscrición: non é necesaria unha inscrición previa e a actividade é totalmente gratuíta.

Obxectivos: con esta actividade preténdese lograr os seguintes obxectivos:

  • Potenciar actividades educativas nos barrios da cidade.
  • Crear alternativas de ocio educativo.
  • Facilitar conciliación da vida familiar e laboral.
  • Facer promoción da lectura e o xadrez.
  • Potenciar actividades que se poidan desenvolver en familia.

E ti que fas? Eu Xogo Xadrez. Setembro Xadrecístico

Organizan: Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, Concellería de Deportes, Sogama e Asociación Cultural Xaquedrum

Colaboran: El Progreso, Telelugo, Casa Paco e confeccións Yute

Datas: do 2 ao 30 de setembro, de luns a venres.

Horario: das 17 ás 20 horas.

Lugar: na praza Maior

Descrición: durante todo o mes de setembro organizarase o Xadrez na rúa e o Baúl viaxeiro, onde as persoas visitantes poderán xogar no xadrez xigante en xadreces convencionais, poderán ler libros do Baúl viaxeiro e poderán iniciarse ao xadrez coa axuda de monitoras e monitores especializados.

Ademais haberá exhibicións xadrecistas tanto na praza Maior, en centros educativos, no Hospital Hula, coma na propia sede da asociación cultural, e presentarase a Escola Municipal de Xadrez e a xente poderase matricular nesta.

Persoas destinatarias: as actividades van destinadas a todo o público. Teñen un carácter familiar, onde as nais e os pais poden gozar coas súas fillas e fillos dende os catro anos.

Inscrición: non é necesaria unha inscrición previa e a actividade é totalmente gratuíta.

Obxectivos: con esta actividade preténdese lograr os seguintes obxectivos:

  • Facer promoción do xadrez entre a cidadanía lucense.
  • Facer promoción da Escola Municipal de Xadrez
  • Crear alternativas de ocio educativo.
  • Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
  • Facer promoción da lectura e o xadrez.
  • Potenciar actividades que se poidan desenvolver en familia.