Visita a SOGAMA e Aguapark

A Escola Luguesa de Xadrez en colaboración coa Xunta de Galicia,Sogama, o Progreso, Telelugo, ConfecciónsYute, Casa Paco e a Concellería de Educación organizan unha excursión a Cerceda.

A visita levarase a cabo o 9 de Xullo e terá a saída as 9:15 dende a Casa do Deporte no parque da Milagrosa.

De Lugo os membros da entidade se desplazarán a Cerceda donde visitarán as instalacións de SOGAMA en Cerceda e os participantes coñecerán o proceso de reciclaxe que se leva a cabo nas instalacións de Sogama.

Posteriormente, xogarán un torneo de rápidas e á tarde farase unha visita ao parque acuático de Aguapark.

XAQUE MATE OS RESIDUOS

A Dirección de Escola Luguesa de Xadrez e a Asaciación Cultural Xaquedrum non escatima esforzos na planificación e desenvolvemento de cantas convocatorias sexan necesarias para fomentar entre os máis novos a reciclaxe e valores medio ambientais.