Onte presentouse a campaña Tí que fas? Eu xogo ao xadrez.
Na presentación estiveron Esther Muñoz Concejala de Educación,Pablo Castro Presidente de Xaquedrum e Quique Setién adestrador do CD Lugo e promotor de actividades de xadrez.

Esther Muñoz e Pablo Castro destacaron e agradeceron a gran colaboración de Quique co xadrez en Lugo.

Posteriormente, Quique Setién xogou unha partida co alcalde deLugo que estivo asesorado por Pablo López, onde a partida finalizou en táboas.


E, para finalizar a presentación Quique Setién xogou co equipo ELXDVORAK.

 


Unha gran xornada de xadrez, onde se debe destacar a colaboración dos mozos da entidade.

O xoves 5 de Setembro preséntase o xogo de Xaquedrim e animámosvos a vir á presentación. Xogarán os mozos da entidade, que foron os promotores da actividade.