NOTA DE PRENSA

GM Iván Salgado. Exhibición xadrecísticas do GM Iván Salgado.

O GM Iván Salgado e o actual Campión Iberoamericano, Campión de España Absoluto e por Campión Equipos.

A Concellería de Educación, a Asociación Cultural Xaquedrum coa coaboración de Confecciones Yute, Sogama, El Progreso, Vicepresidencia primeira da Exma. Deputación de Lugo, Telelugo e Dvorak 2.0  dentro da campaña Ti que Fas? Eu xogo ao xadrez , traen a Lugo ao GM Iván Salgado para levar a cabo unha exhibición entre os afeccionados lucenses.

GM Iván Salgado y el GM David Lariño cos aficionados lucenses.

O domingo 22 o GM Iván GM Ivan Salgado actual Campión de España Absoluto e Campión de España por Equipos de División de Honra, estará en Lugo, para celebrar cos afeccionados ao xadrez, os seus dous Campionatos de España obtidos hai menos dun mes na xadrecística cidade de Linares.

 

O GM Iván Salgado é un colaborador da Escola Municipal de Xadrez, que con esta é a súa terceira visita a Lugo durante este ano.

O obxectivo é que este sirva como referente a seguir, contribuíndo a fomentar a práctica do xadrez en todas as franxas de idade e, moi especialmente, entre os pequenos.

Esta é unha das actividades englobadas na campaña Tí que fas? Eu xogo ao xadrez.  as actividades levaranse a cabo en Lug 2, onde se desenvolverá tamén o IV Torneo Cidade de Lugo.

Unha edición especial para o Cidade de Lugo que contará co GM DAvid Lariño Campeón de España de semirrápidas e con GM Iván Salgado Campeón de España Absoluto.

Programa de actividades:

12:30 ás 13:30 O reto de GM Iván Salgado López

O GM Salgado reta os participantes do torneo a xogar unha rápida. Oito rivais entre os participantes do torneo, poderán xogar estas rápidas.

Desde as 12 30 ata as 13:30 horas xogará oito partidas rápidas entre os afeccionados lucenses. Todos as persoas que queiran poderán ver estas partidas rápidas que se levarán a cabo no Albergue Xuvenil Lug2.

Ás 13:30 horas o GM Iván Salgado e o GM David Lariño xogarán dúas partidas de exhibición.

Análise de partidas:

Dende as 16 horas estará a mirar a final do IV Torneo Cidade de Lugo e analizará cos afeccionados as partidas dos xogadores da Escola Municipal de Xadrez.

Todo un luxo para a IV Torneo Cidade de Lugo de Xadrez, poder contar con estes dous máximos expoñentes do xadrez español.

ENTRE LOS MÁS GRANDES

Nacido en Ourense en 1991, Iván ten ás súas costas un extenso currículo que o sitúa entre os máis grandes no mundo do xadrez. Dende o ano 2001, no que foi proclamado Campión de España por Internet sub-10 e Subcampión de España individual sub-10, ata hoxe, logrou unha morea de títulos entre os que se poderían destacar o de Mestre Internacional (2007) e o de Gran Mestre (2008). Xa no 2012, conseguiu proclamarse Campión Iberoamericano en Quito, evento organizado pola Federación Iberoamericana de Xadrez, e este ano fíxose co título de Campión de España Universitario Individual e por Equipos. E non 2013 logrou os títulos de Campión de España Absoluto e por equipos.

UN INSTRUMENTO PEDAGÓXICO DE PRIMEIRA MAGNITUDE

A Escola Luguesa de Xadrez ao xadrez  constitúe un dos múltiples eventos que leva a cabo Xaquedrum coa pretensión de que cada vez sexan máis os que ocupen parte do seu tempo na práctica do xadrez.

O xadrez, máis aló de ser concibido como un xogo ou un deporte, constitúe un instrumento pedagóxico de primeira magnitude para o desenvolvemento intelectual das persoas, como así teñen constatado diferentes investigacións científicas. Tal chega a ser a súa incidencia na formación educativa dos escolares, que a propia UNESCO recomendou oficialmente, no ano 1995, a todos os países membros a súa incorporación ao programa curricular do ensino primario e secundario.

E é que, con algo tan simple como un taboleiro, 32 pezas e dúas mentes pensantes, lógrase desenvolver e incrementar un bo número de habilidades cognitivas nos pequenos, que poderán utilizalas en distintas áreas de coñecemento. Porque o xadrez aumenta a capacidade de concentración e prevén o fracaso escolar, exercita a memoria, tanto a curto como a longo prazo, desenvolve o razonamento lóxico matemático, mellora a capacidade de resolución de problemas e toma de decisións, incrementa a autoestima e afán de superación (cada partida é un novo reto para o xogador), e axuda a aprender a reflexionar, planificar e previr, debendo anticiparse ás respostas do contrario.

De feito, a Universidade alemá de Treveris, tras máis de catro anos de estudos, verificou que a capacidade matemática e de lectura dos xadrecistas é o dobre de boa que a do promedio de alumnos, e que as súas capacidades lingüísticas son tres veces mellores respecto dos que non xogan ao xadrez. Tras estas conclusións, varias escolas da cidade de Dresden procederon a substituír unha hora de matemáticas semanal por unha de xadrez.

Ademais, a práctica desta disciplina segue a ter efectos positivos na idade adulta e a vellez, chegando ata a previr a enfermidade de Alzheimer, a forma máis frecuente da demencia senil.

RECOMENDACIÓN EUROPEA

E é que as vantaxes que trae consigo o xadrez non é algo novo. Xa a Comisión Europea, consciente das mesmas, recomendou incorporar a práctica do mesmo ao deseño curricular escolar pola súa importancia crave no proceso formativo de futuros adultos. A introdución no ámbito académico lucense está xa garantido por parte de Xaquedrum, sendo esta asociación un punto de referencia a nivel autonómico e nacional.