La mascota Xaquedrim clausuró el Xaque nas aulas no CPEI Rosalía de Castro Lugo.

 

 

•Impulsado pola Asociación Cultural Xaquedrum, ten por obxecto promover a práctica do xadrez nos centros escolares de Lugo e provincia.

•As distintas sesións, dirixidas por técnicos de Xaquedrum, desenvolveranse en horario lectivo e nas propias aulas.

•En lo que va de año más de 250 escolares han participado en estas campañas de alfabetización ajedrecísticas.

•As xornadas serán aproveitadas para divulgar, da man de Sogama, as boas prácticas na protección do medio ambiente e a xestión sostible dos residuos urbanos.

Hoxe clausurouse a campaña de xadrez no CPEI Rosalía de Castro de Lugo. Nestas xornadas participaron os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de infantil. Na clausura, ademais da directora do centro como os monitores da actividade, tiveron a presenza da mascota de Xaquedrim, que entregou material aos escolares participantes.

 

Xaque nas aulas é unha iniciativa que promove Xaquedrum e que conta co apoio de Sogama, o Concello de Lugo, El Progreso, TeleLugo,Fornos Fernando Valín e Confeccións Fibra Vexetal, grazas á cal, nos últimos cuatro anos, máis de 4000 escolares lucenses aprenderon a xogar ao xadrez.

 

A directora do centro, e a xefa de estudios coa mascota Xaquedrim

 

A quinta edición do programa educativo “Xaque nas Aulas” arranca hoxe nos centros escolares de Lugo coa pretensión de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral do alumnado.

 

E é que non existe ningún outro deporte que se aproxime tanto á lóxica pura e á dedución propia do pensamento moderno, o que lle outorga un poderoso valor educativo.

 

Está comprobado que esta disciplina mellora a axilidade mental, a concentración, a intuición, a creatividade, a capacidade de síntese e a memoria, constituíndo igualmente un magnífico instrumento de apoio nas terapias orientadas a nenos con problemas, tanto físicos como psíquicos, axudándoos na súa integración social e reforzando a súa formación intelectual. Non en van, a propia UNESCO e o Parlamento Europeo decidiron recomendar a práctica do xadrez no ámbito académico e incluíla no currículum como unha asignatura máis.

 

Baixo a dirección e coordinación de persoal técnico da Asociación Cultural Xaquedrum, entidade creada fai seis anos para dar resposta ás demandas da cidadanía en torno á creación de alternativas de lecer para a mocidade de Lugo e familias, “Xaque nas Aulas” estará presente este mes, e a primeira semana de marzo, no CEIP Abeiros e CEIP Rosalía de Castro, prevendo a participación de ao redor de 160 estudantes de primaria, que serán instruídos durante o horario lectivo e nas propias aulas.

 

Pero nesta iniciativa tamén estará presente, da man de Sogama, a protección do medio ambiente. É por isto que os escolares recibirán material informativo e divulgativo desta empresa pública coa intención de que interioricen a necesidade de adoptar unha vida saudable mediante o lecer sostible e a adopción de hábitos e comportamentos respectuosos co contorno.

 

 

Neste escenario insistirase no principio comunitario dos tres erres, proporcionando as pautas para reducir a produción de lixo, a través dun consumo responsable, reutilizar os produtos, incidindo no seu máximo aproveitamento, e colaborar no sistema de recollida selectiva, separando os refugallos en orixe e depositándoos nos correspondentes contedores habilitados nas vías públicas para propiciar o seu posterior reciclado.

 

A previsión é que “Xaque nas Aulas” chegue este ano a máis de de 1.400 alumnos.