TORNEO  FESTA FINAL

FORMULARIO

O Concello de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Escola Luguesa de Xadrez coa colaboración de Sogama, El Progreso, Telelugo, Confecciones Yute e Fornos Fernando Valín, organizan o Torneo de Semana Santa.

Celebrarase na praza maior o sábado 24 de maio pola tarde de 16.30 h. a 20:00 horas.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición,  entregando o formulario o monitor do colexio  ou escribindo un email a xaquedrum@gmail.com.

Os participantes teñen que estar federados nalgún equipo, se non está federado a Escola Luguesa de Xadrez ou federará gratuitamente no seu clube.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.

A inscrición poderase realizar ata o 22 de maio ás 16 horas, os que non se inscribiron neste prazo non poderán participar.

Xogarán os 120 primeiros inscritos.

Neste torneo haberá seis categorías:

  • Menores de 8 anos.
  • Menores de 10 anos.
  • Menores de 12 anos.
  • Menores de 14 anos.
  • Menores de 18 anos.
  • Categoría familiares ou acompañantes que non xogaran en federados.
  • Categoría de familiares ou acompañantes.