Viaxe pola fascinante mundo do xadrez.

A Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o diario El Progreso levarán a cabo a conferencia Viaxe pola fascinante mundo do xadrez, por Leontxo García.

Esta conferencia levarase a cabo o venres 23 de setembro ás vientetrinta horas, no Parque Infantil de Tráfico «López Mella» que se encontra no parque de frigsa.

Esta conferencia lévase a cabo dentro do programa  Xaque mate. Xaque mate é unha iniciativa xuvenil, a cal, é apoiada pola DirecciónXeral de Xuventude. E o seu principal obxectivo é o fomento do xadrez entre a xuventude.

Viaxe pola fascinante mundo do xadrez.

 

“Na conferencia invito os meus escuchantes a unha viaxe imaxinaria a través dos séculos e do mundo para determe nos momentos máis importantes da historia do xadrez, dende a súa invención na India e a súa chegada a España cos musulmáns. E conto as miñas vivencias persoais con Fischer, Kárpov, Kaspárov, Anand, Carlsen, as irmás Polgar e todos os mellores xogadores do mundo durante os últimos 40 anos.” Leontxo García.

Leontxo García Olasagasti é un conferenciante, presentador, comentarista e xornalista español especializado en xadrez. Actualmente, é xornalista no diario El País e na cadea Ser. Ademais, impartiu numerosos cursos e é un conferenciante habitual sobre temas Pedagoxía e Aplicacións Sociais do Xadrez.

Iniciativa Xoven:

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXeV), pretende acadar unha participación social activa e dinámica da xuventude que permita a creación de sinerxías que redunden nunha mellora das súas oportunidades e na súa calidade de vida.

Beneficios do xadrez:

Existe unha opinión contrastada e xeneralizada de que o xadrez constitúe un magnífico exercicio formativo.

Tamén tense a satisfacción de axudar a alumnos con problemas tantos físicos como psíquicos a integrarse a través deste deporte e que lle vai facer sentirse cómodo nun ámbito xadrecístico e social. Tamén é de resaltar que encaixa perfectamente na educación para a igualdade, xa que está dirixido aos dous sexos por igual.

É un deporte que estimula o enorme valor educativo de saber gañar e perder e que a motivación aparece de forma case espontánea.

O xadrez desenvolve a agilidad mental e mellora as habilidades psico-sociais tales como a concentración, a intuición, a creatividade, a capacidade de síntese e a memoria.

Así mesmo, nos estudos realizados por expertos en psicoloxía o xadrez estimula, desenvolve e disciplina a intelixencia afirmando que non existe ningún outro deporte – ciencia – xogo que se aproxime tanto á lóxica pura e á dedución propias do pensamento moderno. Este simple feito dá un enorme valor educativo ao xadrez.

Como complemento a estas razóns, dicir que o xadrez foi recomendado como asignatura nos plans de estudos dá Educación Primaria e Secundaria pola UNESCO e polo Parlamento Europeo.