Actividades ajedrecísticas  de  Verán

O Concello de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración con Sogama , O Progreso, Telelugo, Fornos Fernando Valín, a Escola Luguesa de Xadrez e  Confeccións Eute organizan un amplo programa de actividades para o verán.

Preténdese crear actividades alternativas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e este tipo de iniciativas son importantes para a aprendizaxe dos nenos e nenas xa que poden aprender a xogar ao xadrez con monitores ou facer uso da biblioteca itinerante e ler libros. E a o mesmo tempo, crear espazos de onde el neno poida realizar actividades de lecer educativo en familia.

Estas actividades teñen moito éxito e cada vez son máis os nenos e nenas que se achegan a participar nas actividades. Ademais  teñen un interese familiar para que pais, nais e nenos poidan compartir diferentes momentos de lecer de unha maneira máis divertida.

VIAXE POLA HISTORIA DO XADREZ

Co obxectivo de achegar ao xadrez e a lectura a varios barrios da cidade leva a cabo o programa Viaxe pola historia do xadrez que xa vén desenvolvendo desde hai anos e conseguiu un gran éxito de participación.

O seu obxectivo é achegar aos cidadáns a lectura e o deporte do xadrez, desta forma promover a súa práctica a través de partidas e do ensino das súas técnicas. Esta actividade, gratuíta e que non require inscrición previa, ten lugar en dúas prazas da cidade, onde tamén haberá partidas de xadrez xigante e unha biblioteca itinerante.

CALENDARIO:

 De luns a venres:

Do 1 ao 7 de Xullo na Praza Nova da Milagrosa – Agro do rolo de 19 a 21 horas.

Do 8 ao 14 de Xullo na Praza do Castiñeiro de 19 a 21 horas.

 VERÁN LÚDICO

O programa de» Verán Lúdico» vaise a desenvolver na piscina exterior de Frigsa de luns a venres, en horario de 16:00 a 18:00 horas desde o 1 a o 15 de Xullo e del 16 de xullo até o 29 de Agosto o horario será de 16:30 a 19:30 horas. As actividades, destinadas aos usuarios da piscina, son gratuítas e comprenden unha biblioteca de verán, un punto ajedrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa como o parchís, ou o dominou.

Desta maneira, os bañistas gozan do préstamo gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitores especializados e de xogar partidas a xogos de mesa.

Non é necesaria a inscrición previa.

CALENDARIO:

 De luns a venres:

Do 1 ao 15 de Xullo de 16:00 horas 18:00 horas.

Do 15 de Xullo ao 31 de Agosto de 16:30 horas a 19:30 horas.

III CAMPAMENTOS DE VERÁN 2015

Desde o 6 ao 11 de Xullo levará cabo o terceiro campamento de Verán, este campamento está dirixido a mozos e mozas de 4 a 12 anos.

Estes Campamentos levarán a cabo no CEIP ILLA VERDE , serán de luns a venres de nove a dous da tarde.

O obxectivo que se pretende con estes campamentos é facilitar a conciliación familiar e laborar dos lucenses e ao mesmo tempo, promocionar o xadrez entre os escolares lucenses.