Volta ao cole.

Esta actividade levase a cabo na praza maior desde o 2 de setembro até o 30 de setembro. De luns a venres desde as 17 horas ás 20 horas. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.

Co fin de dar alternativas de lecer deportivos en espazos públicos. Preténdese levar a cabo unha serie de campañas de promoción durante o mes de setembro na praza Maior. Ao mesmo tempo, preténdese facilitar a conciliación da vida laboral e persoal dos pais.

Instalarase un xadrez xigante, varios xadreces convencionais e o baúl viaxeiro.

Desta forma os que queiran poderán xogar ao xadrez, aprender as normas básicas do xadrez, xogar no xadrez xigante e ler libros na Praza Maior.

Os principais obxectivos que se perseguen con esta iniciativa, son:

• Fomentar actividades educativas na cidade.
• Achegar o xadrez á cidadanía.
• Crear espazos para actividades deportivas en familia.
• Fomentar a convivencia dos máis novos e fomentar hábitos saudables.

En caso de choiva intensa a actividade aprazásese até o día seguinte.