Mañá ás 17:30 horas no Centro Xuvenil Lug 2 presentarase uns xogos didácticos de pre-xadrez dirixido para os nenos de infantil, esta é unha das iniciativas do programa Xaque Mate.

Á presentación asistirán Cecilia Vázquez Directora Xeral de Xuventude, Pablo Castro presidente de Xaquedrum, Carlos Fernández responsable do grupo de traballo, Leontxo García xornalista da cadea Ser e O País e nenos e mozos da entidade.

Presentaranse catro xogos domidrez, parellas de xadrez, baralla xadrecística, unidades didácticas de prexadrez e quebracabezas xadrecísticos.

Con estes xogos preténdese achegar o xadrez dunha forma dinámica e divertida, e ao mesmo tempo, coñecer e diferenciar os tamaños, as cores, as estacións.

Xaque mate é unha iniciativa realizada polos mozos de Xaquedrum, grazas á colaboración do programa Iniciativa Xoven da Dirección Xeral de Xuventude coa que se prentede fomentar o xadrez entre os mozos da cidade.