Pablo López que se atopa xogando o Campionato do Mundo Sub 10 en Halkidiki Grecia, xogaba hoxe a súa cuarta partida do torneo. Hoxe xogaba con brancas contra Davidson Stefan, un xogador con bastante menos ránking que o representante Lucense.

Pero a estas idades non é demasiado significativo o ránking internacional porque depende dos torneos internacionais que cada un deles poida xogar durante o ano.
Neste caso, Pablo López xogaba con negras e no medio xogo tivo un erro de cálculo o que lle soubo perder un peón. Durante moita parte da partida estivo a remolque e loitando por lograr compensación a cambio do peón. Entrou nun final onde lograra suficiente compensación para igualar a partida. E decidiu arriscar para lograr a vitoria, o que lle supuxo entrar nunha posición de dobre fío onde o rival impúxose. A pesar da derrota, o xogador da Escola Luguesa está moi ilusionado e moi contento pola experiencia que está a vivir e a gran experiencia que está a adquirir.
Mañá xogará a quinta partida do Mundial.
Máis información resultados e emparellamentos: http://chess-results.com/tnr187417.aspx?lan=1&art=0&turdet=YES&flag=30&wi=984