Pablo López xogaba a súa quinta partida con brancas contra o Finlandés Papuc David. Posiblemente una das partidas máis decisivas do Campionato, xa que unha nova derrota, sería a terceira derrota consecutiva e xeraría unha gran presión ao xogador lucense.

Con todo, o xogador da Escola Luguesa expuxo de novo unha partida aberta e de ataque. O rival tentou contrarrestalo coa defensa escandinava, pero Pablo desde o principio estivo a atacar o flanco de dama do rival. E sen deixarse influír polas derrotas anteriores, sacrificou de novo unha das súas torres por unha peza menor do rival e impoñer o seu ataque. Levándose desta forma a súa segunda vitoria no Campionato do Mundo.

Esta vitoria chega xusto antes do día de descanso, mañá os xogadores prepararán as partidas pola mañá e posteriormente. farán unha visita á cidade de Salónica.
A sexta rolda xogarase o sábado ás catorce horas.
Mañá xogará a quinta partida do Mundial.
Máis información resultados e emparellamentos: http://chess-results.com/tnr187417.aspx?lan=1&art=0&turdet=YES&flag=30&wi=984

Páxina oficial: http://www.wycc2015.org/