Despois do día de descanso Pablo López xogaba con negras contra o estadounidense Singh Hersh. Singh a pesar de non ter elo, está a lograr moi bos resultados con fortes xogadores e era unha partida moi perigosa.
O xogador lucense a pesar de xogar con negras contra o americano logrou vantaxe na apertura. Aos poucos Pablo foi mellorando a súa posición ata lograr un peón pasado e que estaba a piques de coroar. Nese momento o xogador da Escola Luguesa precipitouse e xogou unha variante que pensaba que lle daba a vitoria directa. Pero nada máis lonxe da realidade, xa que no canto de lograr a vitoria caeu nunha posición moi complicada, Pablo logrou consolidar a posición e salvar medio punto.
Despois da partida queda un sabor agridoce xa que Pablo tiña unha posición moi vantaxosa. Pablo demostrou a súa enteireza ao lograr superar o seu erro e salvar polo menos medio punto.
Mañá xogará a sétima partida do Mundial.
Máis información resultados e emparellamentos: http://chess-results.com/tnr187417.aspx?lan=1&art=0&turdet=YES&flag=30&wi=984
Páxina oficial: http://www.wycc2015.org/