Xogouse a oitava rolda do Campionato do Mundo, onde Pablo López xogaba con negras contra o alemán Musiolik David, cun ránking internacional de 1728. Unha rolda difícil para o xogador lucense porque ademais de xogar cun rival teoricamente mellor, tocáballe xogar con pezas negras que che obriga a defenderche da iniciativa inicial das brancas.
O alemán  quixo desde o principio expor unha partida aberta ao que o xogador da Escola Luguesa de Xadrez decidiu xogar unha defensa Philidor.  Unha defensa que Pablo xoga habitualmente e atópase moi a gusto.
O alemán desde o inicio non se atopou a gusto coa defensa exposta polo xogador lucense e cada xogaba ía consumindo moito tempo. O español logrou saír da apertura cunha posición igualada, onde se cambiaron rapidamente as damas e pasouse a un xogo de manobras coas pezas menores, onde a posición era moi igualada.
Despois de tres horas e media de partida ningún dos xogadores conseguiu vantaxe e decidiron asinar táboas.
Desta forma Pablo López logra sumar catro puntos de oito partidas disputadas e mañá xogarán a novena partida do Campionato do Mundo Sub 10.
Máis información resultados e emparellamentos: http://chess-results.com/tnr187417.aspx?lan=1&art=0&turdet=YES&flag=30&wi=984

Páxina oficial: http://www.wycc2015.org/