Campamentos de Xadrez.

Campamentos de Xadrez.

Campamentos de Xadrez en Lugo 2022

Campamentos de Xadrez

Información Xeral

A Asociación Cultural  Xaquedrum, a  Escola Luguesa de  Xadrez, El Progreso en colaboración có  Concello de Lugo,  Exma  Deputación de Lugo, Dirección xeral Xuventude, Participación e Voluntariado, Colexio Illa   verde e Deporte Galego organizan por sexta vez o Campamento de  Xadrez de verán 2022.

O obxectivo que se persegue con este programa é a de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes. E ao mesmo tempo, facilitar a vida laboral e familiar dos lucenses.

O horario será de nove da mañá ás  catorce horas. Existen prazas limitadas. Para inscribirse poderase facer no teléfono 657974937 e no email xaquedrum@gmail.com. O custo do campamento é 55 euros e 12 euros, se se apunta por días soltos.

Idades

De catro a dezaseis anos, con grupos reducidos e agrupados por idades

Calendario

CEIP ILLA VERDE

Datas
1º CAMPA
do 27 ao 01 de xullo prazo final  26 de xuño
2º CAMPA do 04 ao 8 de xullo prazo final 3 de xullo
3º CAMPA do 11 ao 15 de xullo prazo final  10 de xullo
4º CAMPA do 18 ao 22 de xullo prazo final  18 de xullo
5º CAMPA do 27 ao 31 de xullo prazo final  25 de xullo

Descontos

Alumn@s do CEIP Illa Verde e alumn@s da Escola Luguesa de Xadrez primer campa 50€ e o segundo irmán 10% de desconto acumulable a outros descontos.

Para tod@s os participantes 2º Campa 50€, 3º Campa 45€, 4ª Campa e seguinte 40€.

Actividades dos campas

Despois da experiencia do ano pasado e das peticións dos pais e nais, este ano se algún familiar quere días soltos pode facelo, pero inscribindose dous días antes. Levarán  a cabo diferentes actividades relacionadas co xadrez e ao mesmo tempo, actividades de tempo libre.

Dividiranse en tres grupos,  xadrez divertido dirixido para nenos e nenas de catro anos a sete anos, xadrez  máxico para mozos e mozas de sete anos a doce anos e o campus de  Xadrez que vai dirixido aos xogadores de tecnificación.

XADREZ DIVERTIDO

Mentres que os de 3 a 7 anos terán clases de xadrez e recortarán, pintarán, xogarán e crearán pezas de xadrez con material reciclado e xogarán a xogos cooperativos.

XADREZ e DEPORTE

De 8 a 13 participarán en concursos, torneos e xogos, ademais de asistir a clases. Xogos cooperativos, olimpiada deportiva, badminton…

Ademais de aprender a xogar ao xadrez, os nenos farán o seu propio xadrez, farán pezas de xadrez con material reciclado e terán actividades de tempo libre. E terán a posibilidade de xogar ao xogo de  Xaquedrim coa presenza da mascota  Xaquedrim.

CAMPUS DE  XADREZ

Dirixido para xogadores e xogadoras de 14 a 16 farán xadrez, actividades deportivas e actividades de tempo libre.

Máis información www.xaquedrum.es

Edicións anteriores

Campamento Lugo

Organizadores

Patrocinadores

Click edit button to change this text.

By |junio 16th, 2020|Actividades educativas, novedad, Pre-xadrez, talleres, Voluntariado|Comentarios desactivados en Campamentos de Xadrez.

Comments are closed.