nadal-cartel-xadrez

 

Campa de Nadal

Formulario: INSCRICIÓN campamento xadrez

Os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro terán lugar dous campamentos deportivos de Xadrez, de 9.00 a 14.00 horas, no Parque Infantil de Tráfico López Mella. Un deles, Xadrez divertido, está dirixido a nenos de 4 a 8 anos e outro, Xadrez máxico, a pequenos de 8 a 12 anos. Haberá límite de prazas e cubriranse por orde de inscripción. O custe desta actividade é de 60 euros, aínda que haberá becas.

 

Horario do campamento.

O horario do campamento será de nove da mañá ás dúas da tarde. Podendo levar o neno dez minutos antes e recollelo dez minutos despois.

A organización para facilitar a conciliación da vida laboral e persoal, terá un servizo de madrugadores que será dende as oito da mañá ás nove, e o seu custo será de dous euros ao día.
Tamén terá un horario para os que queiran saír máis tarde que será de dous a tres e o seu custo será de dous euros ao día.

Os primeiros pasos no mundo do xadrez.

Xadrez divertido é un taller de pre-xadrez, onde os nenos e nenas irán aprendendo a xogar ao xadrez dunha forma divertida e participativa. Onde eles serán os protagonistas.

O neno e nena pintarán, recortarán, xogarán, farán talleres de reciclaxe, farán as súas propias chapas…

Coñecerán a mascota da Asociación que xogará con eles.

A todos os participantes se lles regalará un caderno para traballar na casa no verán.

Quen pode participa?

Este taller vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos. Que non teñen coñecemento de xadrez ou estean a dar os seus primeiros pasos no xadrez.

E que te ganas de pasarllo xenial!!!

Objectivos:

Con este taller pretendemos lograr:

. Introducir dunha forma divertida os nenos e nenas no mundo do xadrez.
. Fomentar a aprendizaxe xogando e divertíendose.
. Fomentar actividades lúdicas e educativas, onde os participantes sexan os protagonistas.

Actividades:

Durante este Campamento de Xadrez, os participantes poderán facer os seguintes actividades:

Aprender os movementos e as normas básicas.
Xogar co xadrez xigante facendo eles mesmos de pezas.
Colorear as pezas de xadrez.
Aprender a través do caderno Xadrez nas aulas.
Facer as súas propias pezas con material reciclado.
Elaborar chapas cos debuxos que eles mesmo realizarán.
Xogos de tempo libre.
E, ademais crebacabezas, xogos de enxeño,…

Prazas:

As prazas serán limitadas. E distribuiranse por estrito de inscrición.

Taller:Xadrez máxicos

Se un mago do xadrez

Xadrez de maxícos é un taller de xadrez, onde os nenos e nenas irán aprendendo os principais motivos tácticos que existen no xadrez, o que lle permitirá mellorar as súas capacidades xadrecísticas. As clases serán principalmente prácticas, onde cada alumno ou alumna vaia ao seu propio ritmo dunha forma lúdica e divertida.

Recibirá charlas teóricas e poderá poñer en práctica os coñecementos que vaia adquirindo, a través de xogos cooperativos, concurso de resolución de problemas, concursos por equipos de creación de problemas e un pequeno torneo ao final de cada día.

Faranse varios grupos segundo o nivel de cada un dos alumnos. Agrupándoos por idades e niveis.

Poderán participar rapaces de todas as idades, sempre e cando o seu nivel se o axeitado.

Haberá un grupo de iniciación, e dous de perfeccionamento.

Ao mesmo tempo, levaranse a cabo xogos didácticos onde os participantes poidan ir desenvolvendo e mellorando as súas capacidades de cálculo.

Onde?

Parque de Frigsa

Quen pode participa?

Este taller vai dirixido a rapaces e rapazas de nove a quince anos -aínda que se aceptasen rapaces ou rapazas con menor idade que o seu nivel xadrecístico así recoméndeo-. Os participantes terán que ter un claro coñecemento das leis básicas do xadrez.

Obxectivos:

Con este taller pretendemos lograr:

Mellorar o nivel xadrecístico dos participantes.
Fomentar a aprendizaxe xogando e divertíndose.
Fomentar actividades lúdicas e educativas, onde os participantes sexan os protagonistas do taller.
Inscrición:

A inscrición pódese levar a cabo en xaquedrum@gmail.com ou no teléfono 657974937.

Prazas:

As prazas serán limitadas. E distribuiranse por estrito de inscrición.

By |diciembre 15th, 2016|Campamentos, Escola de Xadrez, Sin categoría|Comentarios desactivados en Campa de Nadal

About the Author:

Comments are closed.