David Lariño imponse no Torneo de Xadrez de Muxía

? David Lariño acábase de proclamar campión do prestixioso Torneo de Xadrez de Muxía con 8 de 8.

? Paula Quintás campiona feminina no Torneo de Muxía e o canterano David Carballo logra un meritoso décimo clasificado empatando có Mestre Internacional Arian González.
TORNEO DE XADREZ DE MUXÍA

Un ano máis veu celebrando o prestixioso Torneo de Xadrez de Muxía. É un torneo de xadrez rápido que todos os anos conta con fortes xogadores especialistas neste ritmo. Cada xogador dispón de 10 minutos máis un incremento de 2 segundos por xogada para xogar as súas partidas. Un ritmo moi rápido, onde cada xogador dispón dun tempo moi limitado para tomar as súas decisións en cada unha das xogadas e é moi espectacular para os afeccionados a este deporte.

 

22467287_1651039791597226_735773107244271530_o

22384012_1651039788263893_2881456384024677222_o

 

O torneo xogouse a sistema suízo a sete roldas, e onde participaron 73 xogadores.

David Lariño da Escola Luguesa de Xadrez demostrou unha vez máis o seu bo nivel de forma ao impoñerse neste prestixioso torneo logrando todos os puntos e contando as súas partidas por vitorias.

22490011_1651401761561029_2126394662328240236_n

David Pérez Carballo con cinco puntos e medio que quedou no décimo posto, logrando un meritoso empate có mestre internacional Arian González, o que demostra o bo nivel do novo xogador da Escola Luguesa. Outra gran alegría para o xadrez lucense foi o primeiro posto na categoría feminina de Paula Quintás.

22405537_1651401864894352_528529988085061537_n

22449885_1651402128227659_5106277169676366136_n