torneo escolar

IV Torneo Scacorum Escolar

A Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo coa colaboración El Progreso, Cadena Cien e Cadena Cope organizan  o IV Torneo Scacorum Escolar de Xadrez.

O torneo disputarase no Centro Xuvenil Lug 2. Dispútase a cinco roldas e dará comezo o domingo 25  ás 16:30 horas. A entrega de premios levará  a cabo ás 20:00.

Espérase a participación de máis de cen xogadores, de toda Galicia onde o club con máis participación será o Escola Luguesa de Xadrez. Todos os participantes terán un obsequio de participación e entregaranse medallas para os mellores clasificados.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición,  entregando o formulario o monitor da Escola Luguesa de Xadrez ou escribindo un email a xaquedrum@gmail.com.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.

A inscrición poderase realizar ata o 23 de febreiro ás 16 horas, os que non se inscribiron neste prazo poderán non participar. Prazas limitadas.

Na zona de xogo só podrán entrar os xogadores do torneo.

Neste torneo haberá seis categorías:

  • Menores de 8 anos.
  • Menores de 10 anos.
  • Menores de 12 anos.
  • Menores de 14 anos.
  • Sub 1600