XAque nas aulas no CEIP Manuel Mallo Mallo

Xaque nas aulas 

Novas xornadas de Xaque nas aulas neste caso no CEIP Manuel Mallo Mallo, os días 11 e 18 de outubro, onde participaron todos os alumnos de segundo y tercero de primaria. Xaque nas aulas unha iniciativa que este ano levará o xadrez a máis de 3500 escolares lucenses.

Xaque nas Aulas no CEPI Manuel Mallo Mallo unha iniciativa impulsada pola Escola Luguesa de Xadrez, a Deputación de Lugo e o CEIP Manuel Mallo Mallo, e que conta coa colaboración do grupo  El Progreso, Asociación Cultural Xaquedrum , Cadena Cope y Cadena Cien

Xaque nas aulas, son unhas xornadas de acercamento do xadrez nos centros de ensinanza da provincia. Dous monitores da Escola Luguesa de Xadrez derón clases aos escolares no horario lectivo, desde as 9:55 as 12:00. Durante dúas sesións a cada uns dos grupos. Onde participarán 100 alumnos de primaria do CEIP Manuel Mallo Mallo.

É unha actividade de introdución ao xadrez deseñada exclusivamente para o alumnado de centros escolares de primaria, durante o horario escolar.

Ao longo de dúas  mañás,  a través de xogos os nenos coñecen e gozan desta modalidade.

Ademais, as actividades van dirixidas a alumnos da Educación infantil e Primaria, onde os procesos de ensino e aprendizaxe baseados en xogos e deportes, adquiren unha especial transcendencia, sobre todo nos simbólicos e regulados (como o caso do xadrez) que axuden a procesos de desenvolvemento social e cognitivo, potenciando habilidades de pensamento abstracto e de respecto a normas e regras establecidas como base do propio deporte.

A metodoloxía dos cursos aos alumnos é participativa e onde o alumno vai aprendendo xogando e vendo os resultados da súa aprendizaxe. Levouse a cabo unha breve explicación e o alumno posteriormente xogaba e practica os coceñementos adquiridos cos seus compañeiros.

Beneficios do xadrez:

Xunto ás razóns xa expostas, a continuación apuntamos outras que xustifican a realización do presente proxecto:

Existe unha opinión contrastada e xeneralizada de que o xadrez constitúe un magnífico exercicio formativo.

Tamén se ten a satisfacción de axudar a alumnos con problemas tantos físicos como psíquicos a integrarse a través deste deporte e que lle vai facer sentirse cómodo nun ámbito ajedrecístico e social. Tamén é de resaltar que encaixa perfectamente na educación para a igualdade, xa que está dirixido aos dous sexos por igual.

É un deporte que estimula o enorme valor educativo de saber gañar e perder e que a motivación aparece de forma case espontánea.

O xadrez desenvolve a axilidade mental e mellora as habilidades psico-sociais tales como a concentración, a intuición, a creatividade, a capacidade de síntese e a memoria.

Así mesmo, nos estudos realizados por expertos en psicología o xadrez estimula, desenvolve e disciplina a intelixencia afirmando que non existe ningún outro deporte – ciencia – xogo que se aproxime tanto á lóxica pura e á dedución propias do pensamento moderno. Este simple feito dá un enorme valor educativo ao xadrez.

Como complemento a estas razóns, dicir que o xadrez foi recomendado como asignatura nos plans de estudos da Educación Primaria e Secundaria pola UNESCO e polo Parlamento Europeo, Español e Galego.