TORNEO  NADAL  DE XADREZ .

Descargar Formulario do Torneo

A Escola Luguesa de Xadrez e o Concello de Lugo, en colaboración có IES Leiras Pulpeiro, Asoc. Cult. Xaquedrum, Cadena Cien, El Progreso e a Cadena Cope organizan o Torneo Nadal.

Celebrarase no IES Leiras Pulpeiro o próximo domingo 16 de decembro pola tarde de 16.00 h. a 20:00 horas. Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición,  entregando o formulario o monitor do colexio  o escribindo un email a xaquedrum@gmail.com.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. A inscrición poderase realizar ata o 13 de decembro ás 20 horas, os que non se inscriban neste prazo poderán non participar. Límite de prazas Importante.

Na zona de xogo só poderán  entrar os xogadores do torneo.

Dous torneos, un para xogadores con elo fide e outro para xogadores sen elo Fide(Open). As categorías serán:

FIDE: Sub 14 e Absoluto

Open: Sub 8, Sub 10, Sub 12 e Sub 14

Os cinco mellores participantes no open terán copa e os demais participantes medallas. Na categoría Fide os tres primeiros terán copa e os demais medallas.

Todos os participantes deben estar federados, se algún non o estivese, a Escola Luguesa de Xadrez pode federarlos no club de forma gratuíta, pero deben marcar que desexan federarse.

Os participantes no torneo, autorizan a publicación de fotos e dos seus datos personáis nos diferentes medios de comunicación  que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc) así como a aceptación dás bases deste torneo, publicadas en www.xaquedrum.es