CAMPIONATOS PRONCINCIAIS SUB8, 10, 12, 14 e 16

ORGANIZA: Federación Galega de Xadrez

COLABORA: Escola Luguesa de Xadrez

DIRECTOR DO TORNEO: Pablo Castro Girona.

ÁRBITROS PRINCIPAIS: Carlos Freire Boudón e Pablo Castro Girona.

  1. LOCAL DE XOGO:
  • Absoluto e sub 18: Sala Multiusos Casa das Asociacións – Lugo.
  • Sub 14, Sub 16, Sub 12, sub 10 e Sub 8: Sala Multiusos Casa das Asociacións – Lugo.
  1. DATAS E HORARIOS:
  • Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16:

20 Xaneiro de 2019 ás 11:00 horas, Nave de Asociacións – Parque de Frigsa.

  • Sub 18 e Absoluta:

12 e 13 Xaneiro de 2019 ás 16:00 horas, Nave de Asociacións – Parque de Frigsa.

  1. SISTEMA E RITMO DE XOGO:
  • Sub-08, Sub-10 e Sub-12: 30 minutos/xogador.
  • Sub-14 e Sub-16: 45 minutos/xogador.
  • Sub-18 e Absoluto: 60 minutos/xogador.
  1. TROFEOS:
  • Sub-08, Sub-10 e Sub-12: 1º, 2º e 3º, e medallas para o resto dos participantes
  • Sub-14 e Sub-16: 1º, 2º e 3º
  • Sub-18 e Absoluto: 1º, 2º e 3º
  1. INSCRICIÓNS: No e-mail xaquedrum@gmail.com. Poderán participar os xogadores federados na tempada 2019 en clubs da provincia de Lugo e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia. O prazo de inscrición será ata o 10 de Xaneiro de 2019.
  2. IMPORTANTE: O primeiro clasificado da clasificación xeral de cada un dos torneos terá a praza pagada no campionato galego.
  3. ACEPTACIÓN:

Os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fíxa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e Garantía dos Dereitos Dixitais.

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

A inscripción a este torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN , a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña -incluso aquelos facilitados polo mesmo coa finalidade de:

Publicar na páxina web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixitall co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.

Dita autorización refírese á la totalidade dos usos que poidan ter os videos, imaxes e/ou audios nos que aparezca, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que poideran desenvolverse no futuro, e para calquer aplicación. Todo elo coa única salvedade e limitación de aquelas utilizacións ou aplicacións que puidieran atentar ao dereito ao honor nos términos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil ao dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.

Esta autorización pode ser revocada en cualquier momento polo Interesado, coa salvedade de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revocación, polo que a retirada do consentimento, non terá carácter retroactivo.