Torneo Xadrez EntroidoBASES TORNEO XADREZ DE ENTROIDO

Formulario de Inscrición: Descargarse formulario

 Organiza: Escola Luguesa de Xadrez, Exma Deputación de Lugo, e o Concello de Lugo

Colabora: IES Leiras Pulpeiro, Asoc. Cult. Xaquedrum, Cadena Cien, El Progreso e a Cadena Cope.

Lugar: Celebrarase no IES Leiras Pulpeiro.

Datas: o próximo domingo 24 de febreiro pola tarde, 15:30 a 15:50 comprobación de datos e de 16.00 h. a 20:00 horas torneo.

Inscrición: De Balde, os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición,  entregando o formulario o monitor do colexio  o escribindo un email a xaquedrum@gmail.com.

 

Sistema de xogo: Catro roldas emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. A inscrición poderase realizar ata o 22 de febreiro ás 20 horas, os que non se inscriban neste prazo poderán non participar. Límite de prazas Importante.

 

Categorías:    Dous torneos, un para xogadores con elo fide e outro para xogadores sen elo Fide(Open).

As categorías serán:

FIDE: Sub 14 e Sub 18

Open: Sub 8, Sub 10, Sub 12 ,Sub 14 e sub 16

Os tres mellores participantes no open terán copa e os demais participantes medallas. Na categoría Fide os tres primeiros terán copa e os demais medallas.

Todos os participantes deben estar federados, se algún non o estivese, a Escola Luguesa de Xadrez pode federarlos no club de forma gratuíta, pero deben marcar que desexan federarse.

Os participantes no torneo, autorizan a publicación de fotos e dos seus datos personáis nos diferentes medios de comunicación  que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc) así como a aceptación dás bases deste torneo, publicadas en www.xaquedrum.es