I Maxistral Cidade de Lugo

I Maxistral Cidade de Lugo       A  Escola Luguesa de  Xadrez, a Asociación Cultural  Xaquedrum, a  Deputación de Lugo, coa colaboración do  Concello de Lugo,  El Progreso, Cadena Cope, Cadena Cien e a  Dirección  Xeral de  Xuventude, Participación e Voluntariado organizan  o I  Maxistral  Cidade de Lugo.

O torneo  disputarase no Albergue  Lug 2.  o torneo o  xogarán  dez  xogadores e será válido para ranking internacional como tamén  para a obtención de norma de Mestre Internacional da Federación Internacional de Xadrez. Cada xogador terá  90’ + 30” por  xogada para levar  a cabo toda a partida.

Os torneos maxistrais son torneos pechados, xeralmente a dez xogadores, cuxo obxectivo é que xogadores locais poidan xogar contra xogadores internacionais e vaia collendo experiencia internacional.

Os xogadores da  Escola Luguesa de  Xadrez que participan neste importante evento temos a Pablo López cunha clasificación internacional de 2156,  Carlos Casares con 2128,  Alejandro Domínguez 2386 e Rubén Domínguez con 2369.

Como xogadores máis destacados está o Gran Mestre  Letón  Ilmars  Starostits con 2492, o Mestre Internacional Portugués Ventura Sousa e o Mestre Internacional de  Aruvia  Jael López con 2418 e o novísimo Mestre  fide  holandes  Siem Van  Dael con 2252 que este verán logrou quedar quinta no  European  Youth  Chess  Championship 2019 Open 16, empatado ao segundo posto con sete puntos.

E os demais xogadores convidados está o Mestre Fide da Coruña Jose Sande con 2245 e o Mestre Fide Murciano Aaron Alonso con 2247.

A entrada é totalmente gratuíta para que os espectadores que queiran animar ás promesas lucenses poidan facelo.

Horario de  xogo:

Calendario

Rolda 1                       09/02/2020 10:00

Rolda 2                       09/02/2020 17:00

Rolda 3                       10/02/2020 17:00

Rolda 4                       11/02/2020 17:00

Rolda 5                       12/02/2020 17:00

Rolda 6                       13/02/2020 17:00

Rolda 7                       14/02/2020 17:00

Rolda 8                       16/02/2020 10:00

Rolda 9                       16/02/2020 17:00

 

Emparellamentos, listaxe:  https:// info64. org/i-pechado- cidade-de- lugo-de- xadrez