Comunicado  COVID-19

Clases da  Escola Luguesa de  Xadrez

Ante a situación actual co  COVID-19 decidiuse suprimir as clases da  Escola Luguesa de  Xadrez desde o xoves 12, como medida preventiva e retomaranse, o mesmo día que dean comezo as clases nos centros educativos.

Adestramento en casa

Alumnos de iniciación e perfeccionamento 1

Debido á celeridade de todas estas decisións, a  Escola Luguesa de  Xadrez dará a posibilidade de vir á  escola aos pais e nais dos alumnos e alumnas de iniciación, tanto da  Escola Deportiva como das actividades extraescolares, para que poidan recoller cadernos de traballo e poidan os nosos alumnos seguir desde casa, como outro material complementario. Deben poñerse en contacto con Pablo Castro 657974937 para determinar o horario.

Perfeccionamento 2 e alta competición

Para os alumnos de perfeccionamento e alto rendemento, daráselles o mesmo servizo e, ademais,  os que queiran poderán recibir por email traballo especifico para o seu nivel, seguindo o traballo que estamos a levar a cabo en clases. Para este servizo deben mandar un e-mail a castro.girana.pablo@gmail.com.

Competicións oficiais

LIGA

Suspensión de actividades e competicións ata o 01 de Abril de 2020. Non se celebrarán a 7ª (14/03/2020), 8ª (21/03/2020) e 9ª (28/03/2020) rolda da liga Galega por equipos de Club.

CAMPIONATOS GALEGOS SEMANA SANTA

A partir desta tarde publicarase a circular do Campionato Galego de Xadrez, para levar a cabo a reserva e inscrición, non se cobrará nada da reserva -xa que consideramos que a  FEGAXA- terá que aprazalo-.

Á súa disposición para calquera dúbida que teñan.

Lugo 12 de marzo de 2020

 

Carlos Fernández Pombo