
Nesta sección imos contestar a preguntas frecuentes que teñen os pais e nais sobre o campamento.
Cal é o horario do campamento?
O horario do campamento será de nove da mañá ás dúas da tarde. Podendo levar o neno dez minutos antes e recollelo dez minutos despois.
A organización para facilitar a conciliación da vida laboral e persoal, terá un servizo de madrugadores que será dende as oito da mañá ás nove, e o seu custo será de dous euros ao día.
Tamén terá un horario para os que queiran saír máis tarde que será de dous a tres e o seu custo será de dous euros ao día.
Como se distribúe o tempo no campamento para os máis pequenos?
O campamento dos máis pequenos o neno e a nena fai diferentes actividades lúdicas e educativas.
Durante o campamento os máis pequenos teñen unha hora e media de clases e de xogar ao xadrez, esta sesión está dividida en dúas sesións.
Outro tempo dedícase a actividades de tempo libre, manualidades, globoflexia, xogos cooperativos e contacontos
E o outro grupo -xadrez máxico- de actividades que levan a cabo son actividades deportivas e talleres de manualidades con relación ao xadrez. Como poden ser talleres de figuras de xadrez con masa de fariña e sal, a creación de disfraces de pezas de xadrez, taller de chapas das mascotas de xadrez, pulseiras de xadrez…
Qué diferenzas hai entre os campamentos?
Pensando sobre todo nos rapaces e rapazas que participan en varios campamentos, a organización levará a cabo actividades diferentes, tanto de tempo libre coma nos talleres que se levarán a cabo. Tamén o nivel xadrecístico e as temáticas xadrecísticas.
Qué descontos hai?
O segundo irmán e os alumn@s do CEIP Illa Verde terán un 10% de desconto e 15% os socios da ANPA do CEIP ILLA VERDE non acumulable.
Os alumnos que vaian a varios campamentos terán os seguintes descontos:
2º campamento un desconto 10%
3º Campamento un desconto 20%
4º Campamento un desconto 30%
Segundo irmán un desconto 10%
Alumn@ do CEIP Illa Verde desconto 10%
Socios da AMPA do CEIP ILLA VERDE desconto 15% (non acumulable)
Qué prezo ten un día?
L@s alumn@s que queiran ir un día o custo será de 15 euros.
Onde leva a cabo ?
CEIP ELLA VERDE

