Xadrez divertido

Os primeiros pasos no mundo do xadrez.

Xadrez divertido é un taller de pre-xadrez, onde os nenos e nenas irán aprendendo a xogar ao xadrez dunha forma divertida e participativa. Onde eles serán os protagonistas.

O neno e nena pintarán, recortarán, xogarán, farán talleres de reciclaxe, farán as súas propias chapas…

Coñecerán a mascota da Asociación que xogará con eles.

A todos os participantes se lles regalará un caderno para traballar na casa no verán.

DSCF5691

Quen pode participa?

Este taller vai dirixido a nenos e nenas de 4 a 7 anos. Que non teñen coñecemento de xadrez ou estean a dar os seus primeiros pasos no xadrez.

E que te ganas de pasarllo xenial!!!

DSCF5677

Obxectivos

Con este taller pretendemos lograr:

. Introducir dunha forma divertida os nenos e nenas no mundo do xadrez.
. Fomentar a aprendizaxe xogando e divertíendose.
. Fomentar actividades lúdicas e educativas, onde os participantes sexan os protagonistas.

Actividades

Durante este Campamento de Xadrez, os participantes poderán facer os seguintes actividades:

Aprender os movementos e as normas básicas.
Xogar co xadrez xigante facendo eles mesmos de pezas.
Colorear as pezas de xadrez.
Aprender a través do caderno Xadrez nas aulas.
Facer as súas propias pezas con material reciclado.
Elaborar chapas cos debuxos que eles mesmo realizarán.
Xogos de tempo libre.
E, ademais crebacabezas, xogos de enxeño,…

Prazas

As prazas serán limitadas. E distribuiranse por estrito de inscrición.

Prezo

O prezo do campamento será 60 euros.

Asociación cultural Xaquedrum. Escola Luguesa de Xadrez.