Información Xeral

A Asociación Cultural  Xaquedrum, a  Escola Luguesa de  Xadrez, El Progreso en colaboración có  Concello de Lugo,  Exma  Deputación de Lugo, Dirección xeral Xuventude, Participación e Voluntariado, Colexio Illa   verde e Deporte Galego organizan por séptima vez o Campamento de  Xadrez de verán 2023.

O obxectivo que se persegue con este programa é a de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes. E ao mesmo tempo, facilitar a vida laboral e familiar dos lucenses.

O horario será de nove da mañá ás  catorce horas. Existen prazas limitadas. Para inscribirse poderase facer no teléfono 657974937 e no email xaquedrum@gmail.com. O custo do campamento é 60 euros e 12 euros, se se apunta por días soltos.

Idades

De catro a dezasete anos, con grupos reducidos e agrupados por idades

Calendario

CEIP ILLA VERDE

Datas
1º CAMPA 
do 26 ao 30de xuño prazo final  24 de xuño
2º CAMPA do 03 ao 7 de xullo prazo final 2 de xullo
3º CAMPA do 10 ao 14 de xullo prazo final  9 de xullo
4º CAMPA do 17 ao 21 de xullo prazo final  16 de xullo
5º CAMPA do 24 ao 28 eo 31 de xullo prazo final  23 de xullo
6º CAMPA do 4 ao 8 de setembro prazo final  3 de setembro

Descontos

Alumn@s do CEIP Illa Verde e alumn@s da Escola Luguesa de Xadrez primer campa 55€ e o segundo irmán 10% de desconto acumulable a outros descontos.

Para tod@s os participantes 2º Campa 55€, 3º Campa 50€, 4ª Campa e seguinte 45€.

Actividades dos campas

Despois da experiencia do ano pasado e das peticións dos pais e nais, este ano se algún familiar quere días soltos pode facelo, pero inscribindose dous días antes. Levarán  a cabo diferentes actividades relacionadas co xadrez e ao mesmo tempo, actividades de tempo libre.

Dividiranse en tres grupos,  xadrez divertido dirixido para nenos e nenas de catro anos a sete anos, xadrez  máxico para mozos e mozas de sete anos a doce anos e o campus de  Xadrez que vai dirixido aos xogadores de tecnificación.

XADREZ DIVERTIDO

Mentres que os de 3 a 7 anos terán clases de xadrez e recortarán, pintarán, xogarán e crearán pezas de xadrez con material reciclado e xogarán a xogos cooperativos.

XADREZ e DEPORTE

De 8 a 13 participarán en concursos, torneos e xogos, ademais de asistir a clases. Xogos cooperativos, olimpiada deportiva, badminton…

Ademais de aprender a xogar ao xadrez, os nenos farán o seu propio xadrez, farán pezas de xadrez con material reciclado e terán actividades de tempo libre. E terán a posibilidade de xogar ao xogo de  Xaquedrim coa presenza da mascota  Xaquedrim.

CAMPUS DE  XADREZ

Dirixido para xogadores e xogadoras de 14 a 17 farán xadrez, actividades deportivas e actividades de tempo libre.

Máis información www.xaquedrum.es