
Campas de Xadrez e moito máis
Información Xeral
A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez en colaboración co Concello de Lugo, El Progreso, Exma Deputación de Lugo, Dirección xeral Xuventude, Participación e Voluntariado, Colexio Illa verde e restaurante Catro Rúas organizan por sexta vez o Campamento de Xadrez de verán 2021.
O obxectivo que se persegue con este programa é a de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes. E ao mesmo tempo, facilitar a vida laboral e familiar dos lucenses.
O horario será de nove da mañá ás catorce horas. Existen prazas limitadas. Para inscribirse poderase facer no teléfono 657974937 e no email xaquedrum@gmail.com. O custo do campamento é 55 euros e 12 euros, se se apunta por días soltos.
Idades
De catro a quince anos, con grupos reducidos e agrupados por idades
Calendario
CEIP ILLA VERDE
Datas
1º CAMPA do 28 ao 02 de xullo prazo final 27 de xuño
2º CAMPA do 05 ao 9 de xullo prazo final 4 de xullo
3º CAMPA do 12 ao 16 de xullo prazo final 11 de xullo
4º CAMPA do 19 ao 23 de xullo prazo final 19 de xullo
5º CAMPA do 27 ao 31 de xullo prazo final 25 de xullo
Descontos
Actividades dos campas
Despois da experiencia do ano pasado e das peticións dos pais e nais, este ano se algún familiar quere días soltos pode facelo, pero inscribindose dous días antes. Levarán a cabo diferentes actividades relacionadas co xadrez e ao mesmo tempo, actividades de tempo libre.
Dividiranse en tres grupos, xadrez divertido dirixido para nenos e nenas de catro anos a sete anos, xadrez máxico para mozos e mozas de sete anos a doce anos e o campus de Xadrez que vai dirixido aos xogadores de tecnificación.
XADREZ DIVERTIDO
Mentres que os de 3 a 7 anos terán clases de xadrez e recortarán, pintarán, xogarán e crearán pezas de xadrez con material reciclado e xogarán a xogos cooperativos.
XADREZ e DEPORTE
De 8 a 15 participarán en concursos, torneos e xogos, ademais de asistir a clases. Xogos cooperativos, olimpiada deportiva, badminton…
Ademais de aprender a xogar ao xadrez, os nenos farán o seu propio xadrez, farán pezas de xadrez con material reciclado e terán actividades de tempo libre. E terán a posibilidade de xogar ao xogo de Xaquedrim coa presenza da mascota Xaquedrim.
CAMPUS DE XADREZ
Dirixido para xogadores e xogadoras de perfeccionamento que participan en probas válidas para elo e nos Campionatos Galegos de xadrez.
Máis información www.xaquedrum.es