Medidas de Sguridade e hixiene Covid19

A E.L.X ( Escola Luguesa de Xadrez) consciente da preocupación dos nosos socios e as súas familias ante a evolución da pandemia COVID-19, traballamos para que a súa seguridade sexa o primordial. Cumprimos todas as indicacións das autoridades sanitarias.

Vixiamos o cumprimento da distancia interpersoal, toma de temperatura antes do inicio das clases, limpeza de todos os espazos e instalacións, controlamos rigorosamente á entrada dá Escola, esiximos o uso de máscara en todo momento, desinfectamos as instalacións despois de cada clase e anotamos nun rexistro os datos dos usuarios que acceden ás nosas instalacións.

Facémolo por responsabilidade coa entidade e para facilitar o traballo de todos os que velan pola nosa saúde. Deste xeito, se as autoridades sanitarias ou as forzas de seguridade solicitan a nosa colaboración na loita contra a pandemia, estaremos en condicións de facilitar unha información esencial para preservar a saúde como ben colectivo.