42694345_2067824756585392_9142313561458999296_o

O  G. M  Khmrakulov imponse no XII Torneo  Scacorum

  O  XII Torneo  Scacorum de  Xadrez, que pertence ao circuíto de  Xadrez lucense foi  organizado pola  Escola Luguesa de  Xadrez e coa colaboración da  Deputación de Lugo,  Concello de Lugo, O Progreso, Cadea Cen, Cadea Cope disputouse a cinco roldas e onde había premios por un total de 1400 euros, destacou o gran nivel deportivo desta edición onde participaron dous grandes mestres e tres mestres  fide.
  Este torneo foi válido para o ránking internacional de xadrez. Onde o club con máis participantes foi a  Escola Luguesa de  Xadrez e houbo participantes de Galicia, Castela León e de Asturias.
  Despois dun torneo moi igualado seis xogadores empataron ao primeiro posto. E por desempate impúxose o Gran Mestre  Khmrakulov que acabou invicto. o segundo xogador clasificado foi o mozo Santiagués Luís  Medarde e o terceiro clasificado foi o Mestre Fide Asturiano  Sergio Olmos.
  O xogador lucense mellor clasificado foi o xogador da  Escola Luguesa de  Xadrez Alfonso Arango quedou quinto empatado ao primeiro posto con catro puntos e unha subida de 12 puntos no ránking internacional. O segundo xogador mellor clasificado foi o xogador do Círculo das Artes Carlos Casares tamén con catro puntos.
  Gran resultados dos xogadores lucenses, ademais dos dous xogadores que quedaron na cabeza da clasificación, débense destacar o xogador da  Escola Luguesa de  Xadrez    José Luis Varela que quedou décimo con 3,5 puntos foi o primeiro clasificado  Sub 1700 e subiu 49 puntos no ránking Internacional e o tamén xogador da  Escola Luguesa Pablo  Peteira que subiu 43 puntos.
  O próximo torneo do  Circutio de  Xadrez Lucense será o Torneo  Cidade de Lugo que se disputará entre os días 21 e 23 de Decembro, que repartirá 2000 euros en premios e será válido para  elo  fide.