preguntas-frecuentes

Nesta sección imos contestar a preguntas frecuentes que teñen os pais e nais sobre o campamento.

Cal é o horario do campamento?

O horario do campamento será de nove da mañá ás dúas da tarde. Podendo levar o neno dez minutos antes e recollelo dez minutos despois. Se por motivos persoais o pai o nai quere levar o neno máis tarde pódese.

A organización para facilitar a conciliación da vida laboral e persoal, terá un servizo de madrugadores que será dende as oito da mañá ás nove, e o seu custo será de dous euros ao día.
Tamén terá un horario para os que queiran saír máis tarde que será de dous a tres e o seu custo será de dous euros ao día.

 Como se distribúe o tempo no campamento para os máis pequenos?

O campamento dos máis pequenos o neno e a nena fai diferentes actividades lúdicas e educativas.

Durante o campamento os máis pequenos teñen unha hora e media de clases e de xogar ao xadrez, esta sesión está dividida en dúas sesións.

Outro tempo dedícase a actividades de tempo libre, manualidades, globoflexia, xogos cooperativos e contacontos

E o outro grupo -xadrez deportivo-  de actividades que levan a cabo son actividades deportivas e  talleres de manualidades con relación ao xadrez. Como poden ser talleres de figuras de xadrez con masa de fariña e sal, a creación de disfraces de pezas de xadrez, taller de chapas das mascotas de xadrez, pulseiras de xadrez…

Qué diferenzas hai entre os campamentos?

Pensando sobre todo nos rapaces e rapazas que participan en varios campamentos, a organización levará a cabo actividades diferentes, tanto de tempo libre coma nos talleres que se levarán a cabo. Tamén o nivel xadrecístico e as temáticas xadrecísticas.

Qué descontos hai?

O segundo irmán  terán un 10% de desconto  acumulable.
Os alumnos que vaian a varios campamentos terán os seguintes descontos:

2º campamento coste  55€

3º Campamento coste  50€

4º Campamento coste 45€

Segundo irmán un desconto 10%

Alumn@ do CEIP Illa Verde e a Escola Luguesa 1º Campa 55€

Qué prezo ten un día?

L@s alumn@s que queiran ir un día o custo será de 12 euros.

Onde leva a cabo ?

CEIP ILLA VERDE

Rúa Roi Xordo, 2, 27002 Lugo

CEIP Illa Verde, Dirección