A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez colaboran coa Asociación das festas do barrio da Milagrosa na organización do I Torneo de Xadrez das Festas da Milagrosa.
O torneo realizarase o sábado dous de Setembro na Rúa Mallorca, ás 16:30 horas levará a cabo a presentación e a confirmación de inscrición e ás cinco disputarase a primeira das cinco roldas previstas para o torneo.
O torneo xogarase co sistema de emparellamento suízo e as partidas terán unha duración de 10 minutos máis un incremento de 3 segundos por xogada para cada un dos xogadores. Este sistema de partidas rápidas son moi espectaculares para o público xa que os xogadores teñen moi pouco tempo para cada unha das súas xogadas.
A inscrición é gratuíta e poderase realizar ata o venres 1 ás 16 horas. Poderase levar a caba no teléfono 657974937 ou por e-mail en xaquedrum@gmail.com.
Os mellores clasificados na categoría absoluta terán trofeo e repartiranse medallas entre os mellores sub 8, sub 10, sub 12 e Sub 14.