Torneo de promoción de xadrez.
Enlace de la carta descarga.
O Concello de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Escola Luguesa de Xadrez coa colaboración de Sogama, El Progreso, Telelugo, Confecciones Yute e Fornos Fernando Valín, organizan o Torneo de Promoción de Xadrez.
Celebrarase no Centro Lug 2 (pintor corredoira 4) o vindiero sábado 12 de decembro pola tarde de 16.00 h. a 19:00 horas.
Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario o monitor da Escola Luguesa de Xadrez ou escribindo un email a xaquedrum@gmail.com. A inscripción e totalmente de balde.
O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.
A inscrición poderase realizar ata o 9 de decembro ás 20 horas, os que non se inscribiron neste prazo poderán non participar. Importante.
Na zona de xogo só podrán entrar os xogadores do torneo.
Neste torneo haberá seis categorías:
- Menores de 8 anos.
- Menores de 10 anos.
- Menores de 12 anos.
- Menores de 14 anos.
- Menores de 18 anos.
- Categoría familiares ou acompañantes.
A FIRME APOSTA POLO XADREZ
TORNEO DE PROMOCIÓN forma parte dun amplo e ambicioso programa educativo que promove Xaquedrum e que se orienta aos escolares e as súas familias, tanto da cidade de Lugo como da provincia. O seu obxectivo non é outro que espertar a curiosidade e o interese dos pequenos polo xadrez, concienciando a pais e titores sobre as vantaxes que a súa práctica representa desde a dimensión educativa.
Durante o curso académico que agora comeza, a Asociación Cultural Xaquedrum seguirá instruíndo e deleitando aos estudantes con múltiples actividades formativas que lles servirán de axuda para progresar nos seus estudos e forxarse un futuro mellor.
Como complemento a estas razóns, dicir que o xadrez foi recomendado como materia nos plans de Educación Primaria e Secundaria pola UNESCO, polo Parlamento Europeo e polo Parlamento Galego.