Torneo Provinciais de Xadrez 2020
ORGANIZA: Federación Galega de Xadrez
COLABORA: Escola Luguesa de Xadrez
DIRECTOR DO TORNEO: Pablo Castro Girona.
ÁRBITROS PRINCIPAIS: Carlos Freire Boudón e Pablo Castro Girona.
LOCAL DE XOGO:
- Absoluto e sub 18: Sala Multiusos Casa das Asociacións – Lugo.
- Sub 14, Sub 16, Sub 12, sub 10 e Sub 8: Sala Multiusos Casa das Asociacións – Lugo.
DATAS E HORARIOS:
- Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16:
19 Xaneiro de 2020 ás 10:00 horas, Nave de Asociacións – Parque de Frigsa. - Sub 18 e Absoluta:
11 ás 16:00 horas e 12 Xaneiro ás 11 horas e 16 horas, Nave de Asociacións – Parque de Frigsa.
O sistema de xogo como o número de roldas dependerá do número de xogadores.
SISTEMA E RITMO DE XOGO:
- Sub-08, Sub-10 e Sub-12: 30 minutos/xogador.
- Sub-14 e Sub-16: 45 minutos/xogador.
- Sub-18 e Absoluto: 60 minutos/xogador.
TROFEOS:
- Sub-08, Sub-10 e Sub-12: 1º, 2º e 3º, e medallas para o resto dos participantes
- Sub-14 e Sub-16: 1º, 2º e 3º
- Sub-18 e Absoluto: 1º, 2º e 3º
INSCRICIÓNS: No e-mail escolaluguesaxadrez@gmail.com. Poderán participar os xogadores federados na tempada 2020 en clubs da provincia de Lugo e que teñan nacionalidade española, bandeira deportiva FIDE española e ser seleccionables por Galicia.
O prazo de inscrición será ata o 9 de Xaneiro de 2020.
IMPORTANTE:
O primeiro clasificado da clasificación xeral de cada un dos torneos terá a praza pagada no campionato galego.
ACEPTACIÓN:
Os delegados de cada club e os xogadores inscritos, autorizan á organización do torneo á difusión de información ou á utilización de imaxes ou do nome do equipo e os dos seus xogadores nos medios de comunicación ou en publicidades e memorias da competición, sempre que non representen menoscabo da súa honra ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses, e sempre dentro do marco legal que se fixa no Código Civil, na Lei de Enxuizamento Civil e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
A inscrición a este torneo implica a aceptación das bases do mesmo así como autoriza de forma expresa e voluntaria á ORGANIZACIÓN , a empregar gratuitamente os vídeos, imaxes e/ou audios nos que este interveña -incluso aquelos facilitados polo mesmo coa finalidade de:
Publicar na páxina web así como en calquera das redes sociais das que forme parte ou outra publicación impresa e/ou dixital co fin de dar unha maior visibilidade e/ou difusión á actividade da Organización.
Dita autorización refírese á la totalidade dos usos que poidan ter os vídeos, imaxes e/ou audios nos que apareza, empregando os medios técnicos coñecidos na actualidade e os que puideran desenvolverse no futuro, e para calquera aplicación. Todo iso coa única condición e limitación de aquelas utilizacións ou aplicacións que puideran atentar ao dereito ao honor nos termos previstos na Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, de protección civil ao dereito ao honor, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
A autorización non fixa ningún límite de tempo para a súa concesión nin para a explotación nas que apareza, polo que a autorización considérase concedida por un prazo de tempo ilimitado.
Esta autorización pode ser revocada en calquera momento polo Interesado, coa condición de aquelas actuacións/campañas que estean en marcha, en cuxo caso deberán finalizar para que empece a facer efecto a revogación, polo que a retirada do consentimento, non terá carácter retroactivo.