A Concellería de Educación organiza en colaboración coa Asociación Cultural Xaquedrum, Confecciones Yute, Telelugo e o diario El Progreso unha nova actividade que terá como protagonistas o xadrez e a lectura.

A actividade consiste en partidas de xadrez guiadas por monitores no taboleiro xigante da Praza Maior de luns a vernes entre o día 5 e 14  desde as 16:30 ata as 19:30 horas. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas.

Ademais, se o tempo o permite, instalarase tamén o baúl viaxeiro para que os que se acheguen ata a Praza Maior podan ler mentres agardan para xogar ou simplemente polo pracer da lectura. Estas actividades que están orientadas a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa.