TORNEO  DE SEMANA SANTA.

O Concello de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Escola Luguesa de Xadrez coa colaboración de Sogama, El Progreso, Telelugo, Confecciones Yute e Fornos Fernando Valín, organizan o Torneo de Semana Santa.

Celebrarase no Centro Lug 2 (pintor corredoira 4) o vindiero 27 de abril pola tarde de 16.30 h. a 20:00 horas.

Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición,  entregando o formulario o monitor do colexio  ou escribindo un email a xaquedrum@gmail.com.

Os participantes teñen que estar federados nalgún equipo, se non está federado a Escola Luguesa de Xadrez ou federará gratuitamente no seu clube.

O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect.

A inscrición poderase realizar ata o 25 de abril ás 16 horas, os que non se inscribiron neste prazo poderán non participar. Importante.

Na zona de xogo só podrán entrar os xogadores do torneo.

Neste torneo haberá seis categorías:

  • Menores de 8 anos.
  • Menores de 10 anos.
  • Menores de 12 anos.
  • Menores de 14 anos.
  • Menores de 18 anos.
  • Categoría familiares ou acompañantes que non xogaran en federados.
  • Categoría de familiares ou acompañantes.

Lugo, 03 de abril de 2014

 

Os participantes no torneo autorizan a publicación de fotos e dos seus datos personáis nos diferentes medios de comunicación  que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc) así como a aceptación dás bases deste torneo, publicadas en www.xaquedrum.es

En breve publicásese un enlace para poder apuntarse nesta paxina. Desculpen as molestias