Exhibición de Quique Setién na campaña ti que fas? eu xogo o xadrez.

 

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, a Asociación Cultural Xaquedrum en colaboración con Sogama, El Progreso, Telelugo, Fornos Fernando Valín, Vicepresidencia Primeira Exma. Deputación de Lugo, Chess24, Confeccións Yute e Dvorak 2.0 organizan a campañaTi que fas? Eu xogo ao Xadrez.

Simultánes de Quique Setién

O vernes 12 de septembro ás 18 horas na praza maior de Lugo Quique Setién xogara partidas de exhibición contra as 15 primeiras persoas que se animen. E tamén Quique Setién xogará una exhibición de partidas rápidas contra membros da Escola Luguesa Dvorak 2.0. equipo da primeira división galega.

Entre os que participen na exhibición e gañen unha partida a Quique Setién faráselle entrega dun cheque regalo dunha conta Premium dun mes de chess 24.

Chess24 é un dos portais de Internet máis importantes do mundo. Naceu hai un ano coa idea de ser útil, accesible e divertido para calquera que queira achegarse ao mundo do xadrez. A través desta conta, o gañador poderá ter acceso á maior videoteca formativa elaborado polos mellores xogadores do mundo e ao mesmo tempo, xogar na súa zona de xogo e observar partidas en tempo real dos mellores xogadores do mundo.

Ti que fas? eu xogo o xadrez

Preténdese crear actividades alternativas para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e este tipo de iniciativas son importantes para a aprendizaxe dos nenos e nenas xa que poden aprender a xogar ao xadrez con monitores ou facer uso da biblioteca itinerante e ler libros. E o mesmo tempo, crear espazos onde el neno poida realizar actividades de ocio educativo en familia.

Ao mesmo tempo, preténdese achegar o xadrez aos escolares lucenses e aos seus familiares.

Estas actividades teñen moito éxito e cada vez son máis os nenos e nenas que se achegan a participar nas actividades. Ademais salientou que teñen un interese familiar para que pais, nais e nenos poidan compartir diferentes momentos de ocio dun xeito máis divertido.

 

Xaque na rúa e Baúl Viaxeiro

Desde o luns oito de setembro e durante todo o mes de setembro de luns a venres se levará a cabo o xadrez na praza maior e ao mesmo tempo, instalarase o baúl viaxeiro para as persoas que queiran ler un libro. A actividade comezará ás 17 horas ata as 19:30 horas. Se fai mal tempo, a actividade lévase a cabo nos soportais do Concello.

Simultánes de Quique Setién

Quique Setién xogara partidas de exhibición en la plaza mayor. E tamén Quique Setién xogará contra membros da Escola Luguesa Dvorak 2.0. equipo da primeira división galega.

V Torneo Cidade de Lugo

Do 19 ao 21 de Setembro organizarase a quinta edición do Torneo Cidade de Lugo, este torneo está dirixido a xogadores e xogadores con experiencia nas competicións oficiais. É un torneo válido para ranking internacional. Con máis de 2300 euros en premios.

Xaque nas aulas

Un ano máis farase a campaña nos colexios Xaque nas aulas, onde os monitores de Xaquedrum levarán o xadrez aos colexios da cidade durante o horario lectivo.

Escola municipal de xadrez

Dende o 8 de Setembro ábrese o prazo para inscribirse na escola municipal de xadrez. Este ano haberá 200 prazas. Onde haberá grupos dende os catro anos e se volverá apostar por aumentar as clases de adultos, onde se fará un grupo para nais os venres de sete da tarde a oito e media dos vernes. O mesmo tempo este ano como novedad os pais e familiares poderán aprender a xogar o xadrez cos seus fillos.

Conferencia de xadrez de Leontxo García.

Con motivo da inauguración da Escola Municipal de Xadrez Leontxo García dará unha conferencia Viaxe polo fascinante mundo do xadrez. Leontxo García

Xaquedrum naceu hai oito anos co obxectivo de dar resposta ás demandas de moita xente en torno á creación de alternativas de ocio para a xuventude de Lugo e as súas familias.

Dende esta organización, promóvese o xadrez de diferentes formas (en colexios, en campamentos, en hospitais, en medios de comunicación, etc), constituíndo este un recurso para a realización persoal dos mozos, xa que “acceden a un espazo no que poden sentirse respectados e valorados”.

Beneficios do xadrez:

Xunto ás razóns xa expostas, a continuación apuntamos outras que xustifican a realización do presente proxecto:

Existe unha opinión contrastada e xeneralizada de que o xadrez constitúe un magnífico exercicio formativo.

Tamén tense a satisfacción de axudar a alumnos con problemas tantos físicos como psíquicos a integrarse a través deste deporte e que lle vai facer sentirse cómodo nun ámbito ajedrecístico e social. Tamén é de resaltar que encaixa perfectamente na educación para a igualdade, xa que está dirixido aos dous sexos por igual.

É un deporte que estimula o enorme valor educativo de saber gañar e perder e que a motivación aparece de forma case espontánea.

O xadrez desenvolve a agilidad mental e mellora as habilidades psico-sociais tales como a concentración, a intuición, a creatividade, a capacidade de síntese e a memoria.

Así mesmo, nos estudos realizados por expertos en psicoloxía o xadrez estimula, desenvolve e disciplina a intelixencia afirmando que non existe ningún outro deporte – ciencia – xogo que se aproxime tanto á lóxica pura e á dedución propias do pensamento moderno. Este simple feito dá un enorme valor educativo ao xadrez.

Como complemento a estas razóns, dicir que o xadrez foi recomendado como asignatura nos plans de estudos dá Educación Primaria e Secundaria pola UNESCO e polo Parlamento Europeo.