exhibición xaque mate

Xornadas de Xadrez no I.E.S Ánxel Fole.

Máis de cen escolares participarán na xornada de fomento ao xadrez.

A Asociación Cultural Xaquedrum organiza unhas xornadas de fomento ao xadrez no IES Ánxel Fole, esta iniciativa leva a cabo dentro do programa Iniciativa Xoven da Xunta.

Esta xornada levará a cabo este venres no patio do centro desde ás doce da mañá ata as catorce horas. Durante estas xornadas levarán a cabo en taboleiros convencionais e darase unha exhibición de xadrez polo GM David Lariño e os monitores da Federación Internacional Pablo Castro e Diego Florez.

O GM David Lariño innumerables veces campión de España en diferentes categorías, este ano campión de España de xadrez rápido.

A Asociación Cultural Xaquedrum organiza unhas xornadas de fomento ao xadrez no IES Ánxel Fole, esta iniciativa leva a cabo dentro do programa Iniciativa Xoven da Xunta de Galicia e para iso conta coa colaboración do Dirección Xeral de Xuventude, o IES Ánxel Fole. o diario O Progreso, Cadea Cen e Cadea Cope.

Esta xornada levará a cabo este venres no patio do centro desde ás doce da mañá ata as catorce horas. Durante estas xornadas levarán a cabo partidas en taboleiros convencionais e darase unha exhibición de xadrez polo GM David Lariño e os monitores da Federación Internacional Pablo Castro e Diego Florez.

O G.M David Lariño primeiro taboleiro do equipo Escola Luguesa de Xadrez, hara unha exhibición con trinta dos escolares do centro. Será unha simultánea, onde o mozo David xogará contra todos á vez. A organización dará premios para os que logren puntuar con este forte xogador. Que este ano vén de proclamarse Campión de España de rápidas en Linares.

Con esta iniciativa preténdese fomentar actividades educativas e lúdicas para que os mozos teñan alternativas de lecer. Anotáronse máis de cen participantes o que demostra o interese que demostraron os alumnos do instituto.

Beneficios do xadrez:

Existe unha opinión contrastada e xeneralizada de que o xadrez constitúe un magnífico exercicio formativo.

É un deporte que estimula o enorme valor educativo de saber gañar e perder e que a motivación aparece de forma case espontánea.

O xadrez desenvolve a axilidade mental e mellora as habilidades psico-sociais tales como a concentración, a intuición, a creatividade, a capacidade de síntese e a memoria.

Así mesmo, nos estudos realizados por expertos en psicoloxía o xadrez estimula, desenvolve e disciplina a intelixencia afirmando que non existe ningún outro deporte ciencia xogo que se aproxime tanto á lóxica pura e á dedución propias do pensamento moderno. Este simple feito dá un enorme valor educativo ao xadrez.

Como complemento a estas razóns, dicir que o xadrez foi recomendado como materia nos plans de estudos dá Educación Primaria e Secundaria pola UNESCO, polo Parlamento Europeo, por el Parlamento Español e por el Parlamento Galego.

inciativa xoven 2017