conferencia Lariño I X AperturasConferencias xadrecísticas

  • A Asociación Cultural Xaquedrum organiza unhas xornadas de perfeccionamento ao xadrez coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, o grupo O Progreso e a cadea COPE e Cadea cen.
  • O G.M David Lariño dará dúas conferencias sobre o perfeccionamento no xadrez. A primeira será o venres ás 18:15 e a segunda o sábado ás 16:30, na nave de asociacións, parque de frigsa.
  • O GM David Lariño participará nun torneo de partidas cunha apertura obrigatoria cos participantes na conferencia .

Iniciativa Xoven. Unha iniciativa pioneira e liderada pola Dirección Xeral de Xuventude,na que participan un grupo de mozos de Xaquedrum e pola medio da cal, preténdese dar aos mozos a posibilidade de levar a cabo as súas iniciativas desde a planificación ata o desenvolvemento.

A Asociación Cultural Xaquedrum leva varios anos participando con varios grupos de mozos, e cuns excelentes resultados, tanto é así, que este ano foi unhas das entidades elixidas para a presentación do programa que se llevóa cabo pola Dir. Xeral de Xuventude en Santiago de Compostela.

A Asociación Cultural Xaquedrum organiza unhas xornadas de perfeccionamento ao xadrez coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, o grupo O Progreso e a cadea COPE e Cadea cen.

O G.M David Lariño que este verán gañou o Campionato de España de partidas rápidas, dará dúas conferencias sobre o perfeccionamento no xadrez. A primeira será o venres ás 18:15 e desenvolverá como os mozos poden mellorar o seu nivel nas aperturas e como deben estudalas e a segunda o sábado ás 16:30, que versará sobre o estudo dos finais e os seus conceptos básicos, as dúas conferencias levarán a cabo na nave de asociacións, parque de frigsa.

Copia de conferencia David Lariño

Os interesados poden asistir sen necesidade de inscrición, e será totalmente gratuíta a participación.

Ao mesmo tempo, os participantes á primeira conferencia poderán participar nun torneo de rápidas con repertorio obrigatorio. Onde o GM David Lariño actual campión de xadrez rápìdo participará.

O G.M David Lariño primeiro taboleiro do equipo Escola Luguesa de Xadrez, hara unha exhibición con trinta dos escolares do centro. Será unha simultánea, onde o mozo David xogará contra todos á vez.

Ao mesmo tempo, o G.M David Lariño reunirase con varios dos mozos participantes nesta iniciativa para coñecer as súas inquietudes e ao mesmo tempo, para darlle as súas impresións sobre a mellora no xadrez.

torneo aperturas obrigatorias

Con esta iniciativa preténdese fomentar actividades educativas e lúdicas para que os mozos teñan alternativas de lecer.

Iniciativa Xoven:

Unha iniciativa pioneira e liderada pola Dirección Xeral de Xuventude, onde se pretende dar voz aos mozos, para poder liderar as súas propias iniciativas. A Asociación Cultural Xaquedrum leva varios anos participando con varios grupos de mozos, e cuns excelentes resultados, tanto é así, que este ano foi unhas das entidades elixidas para a presentación do programa que levou en Santiago de Compostela.

inciativa xoven 2017