Na súa segunda partida do mundial  Pablo López xogaba con negras contra o Grego  Mitsiou Kon 1025. A pesar de xogar con negras o xogador lucense era favorito xa que tiña moito máis ránking internacional, aínda que nestas categorías, moitas veces non é un criterio moi fiable e hai moitas sorpresas.

O Grego expoño unha partida aberta, e o lucense en plena apertura logrou igualar rapidamente a partida, no medio mollo despois dunha interesante manobra táctica,  Pablo López logrou gañar un peón e entrar nun final moi favorable para o xogador da Escola Luguesa, o cal, logrou impoñer a súa vantaxe e gañar a súa primeira partida nun Campionato do Mundo.

O Campionato do Mundo é un torneo moi longo onde se xogan once partidas, e os xogadores que xogan por primeira vez sempre pagan un pouco a inexperiencia. Despois destas dúas partidas inícialles as sensacións do mozo xogador son moi boas e dá a sensación que está a se adaptar moi ben a esta gran experiencia.

 

Máis información resultados e emparellamentos: http://chess-results.com/tnr187417.aspx?lan=1&art=0&turdet=YES&flag=30&wi=984

Páxina oficial: http://www.wycc2015.org/