Acaba de iniciarse o Campionato do Mundo Sub 10 en Halkidiki Grecia, o torneo dispútase a once roldas a sistema suízo, e onde participa o xogador da Escola Luguesa Pablo López que este ano lograba o subcampeonato galego nas categorías sub 14 e sub 10.

Pablo López cun elo de 1434 parte de ránking 109 dun total de 189 xogadores. E os obxectivos que se marcou a priori é mellor o seu ránking inicial e coller experiencia en probas internacionais.
Pablo López xogaba con brancas a súa primeira partida contra o xogador ruso Mochalin Faddey que é o 17 do ránking e ten un elo de 1917. Un rival con moito máis elo que o representante lucense.
Ao comezo da partida Pablo expuxo un ataque indio contra a defensa siciliana que o ruso xogou e logrou un peón de vantaxe e boa posición, pero a súa inexperiencia en probas mundiais fíxolle apurarse de tempo, o que foi aos poucos determinante na partida. Ao final, acabóuselle o tempo e tivo que tirar o rei. A pesar da derrota, Pablo López deixou boas sensacións ante un duro rival .
Mañá disputarase a segunda partida ás 14 horas.